Jacobo Varela de Limia Menéndez, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1935, foi un avogado, xornalista e político galego.Artigo VARELA DE LIMIA Y MENÉNDEZ, Jacobo, por Alberto Martínez López, Gran Enciclopedia Galega
Traxectoria Fillo de José Varela López de Limia e Cándida Menéndez Jove-Huergo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu a avogacía en Santiago de Compostela e foi concelleiro. Foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego, posto que abandonou para ser catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Impulsou numerosos sindicatos agrícolas confesionais e fundou a Federación Católica Agraria da diocese de Santiago de Compostela, da que foi presidente. Desempeñou o cargo de tesoureiro da Confederación Nacional Católica Agraria en Madrid (1921 - 1924). Vinculado ao maurismo, na ditadura de Primo de Rivera foi gobernador civil de Lugo (1923 - 1926). Presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias e o matadoiro do Porriño. Adscribiuse ao grupo da Democracia Cristiá e ao secretariado de Galicia en Madrid. Publicou en 1918 o folleto rexionalista conservador Orientaciones regionalistas e presentou o relatorio "La cooperación en la producción" no I Congreso Nacional Cerealista de Valladolid (1926). Obras Orientaciones regionalistas, 1918. miniatura|José Toubes e Jacobo Varela de Limia, 1920.|centro
Notas
Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela