O Sporting Union Agen Lot-et-Garonne é un equipo profesional francés de rugby, localizado na cidade de Agen, que é a capital do departamento de Lot e Garona, en Aquitania. O club foi fundado no ano 1908, e dende entón ten sido un dos principais equipos do máximo campionato ligueiro de rugby no país, acadando un total de 8 títulos. O equipo xoga os seus encontros como local no Stade Alfred Armandie, que ten capacidade para acoller a 14.000 seareiros. As cores clásicas do club son o azul e o branco.

Palmarés SU Agen levaba dende os anos 1920 competindo no máximo nivel do rugby francés, o Top 14, ata que perdeu a categoría en 2007. O equipo acadou de novo o ascenso en 2010. Liga francesa de rugby (8): 1929/30, 1944/45, 1961/62, 1964/65, 1965/66, 1975/76, 1981/82, 1987/88 Copa francesa de rugby (2) 1942/43, 1944/45 Torneo Yves du Manoir (4): 1932, 1963, 1983, 1992 Pro D2: 2009/2010 En 1998 o SU Agen disputou a final da European Challenge Cup, a segunda competición continental, caendo por 43 a 5 fronte a US Colomiers. Foi a súa única final europea.

Xogadores emblemáticos Philippe Sella. No SU Agen entre 1980 e 1996. Posición: Centro. Xogou 111 encontros coa selección francesa (2º na lista histórica), anotando 30 ensaios (4º na clasificación histórica). Christophe Lamaison. No SU Agen entre 2000 e 2002. Posición: Apertura. Máximo anotador histórico da selección francesa, con 380 puntos. Abdelatif Benazzi. No SU Agen entre 1989 e 2001. Posición: 2ª ou 3ª liña. 78 encontros coa selección francesa, 9º nesa lista.

Tempada actual

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do club

Agen