El Eco de Galicia foi un periódico editado na Coruña entre 1904 e 1916.
Historia e características Subtitulado Diario católico é independiente. Cambiou o subtítulo o 10 de marzo de 1909 polo de Diario católico, independiente y de información, dende o 4 de novembro de 1910 pasou a Diario católico, e dende o 6 de xaneiro de 1915 saíu sen subtítulo. Estivo dirixido por Eugenio Zabala, despois polo sacerdote José Gómez Martínez (Zenitram) (entre 1908 e 1913) e por Antonio Valcárcel López (de 1914 a 1916). Entre os seus redactores figurou José Toubes Pego. Era a voz do Arcebispo de Santiago José María Martín de Herrera. Desapareceu cun incendio en agosto de 1916. Foi continuado por El Ideal Gallego.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1904 en Galicia