Wojciech Tomasz Szczęsny, nado o 18 de abril de 1990 en Varsovia, é un futbolista polaco. Xoga de porteiro e o seu club actual é o F.C. Barcelona. Ademais, é internacional na selección de Polonia.

Traxectoria Club En 2006, Szczęsny chegou á canteira do Arsenal FC, ascendendo ao equipo reserva na tempada 2008-09. Szczęsny foi convocado por primeira vez co primeiro equipo o 24 de maio de 2009 nun partido de liga contra o Stoke City.

O 20 de novembro de 2009, Szczęsny foi cedido ao Brentford FC durante un mes. O 22 de decembro, o Arsenal estendeu a cesión durante un mes máis ata o 17 de xaneiro de 2010, e despois ata o 31 de xaneiro. Finalmente, foi estendida a súa cesión ata o 31 de maio.

Selección Tras pasar polas categorías inferiores da selección polaca, chegou ao primeiro equipo en outubro de 2009.

Szczęsny foi incluído tamén no equipo da selección polaca para a disputa da Eurocopa de Polonia/Ucraína de 2012. Foi titular no primeiro partido contra a selección grega, e foi expulsado tras cometer un penalti sobre Dimitris Salpigidis.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil na web do Arsenal FC Perfil en ESPN

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Varsovia Categoría:Futbolistas de Polonia Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do KP Legia Warszawa Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Brentford FC Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Polonia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024