Marta Míguez Telle, nada en Louredo (Cortegada) o 3 de marzo de 1973 é unha política e atleta galega retirada, que competía na disciplina de lanzamento de xavelina.

Competición Competiu representando a España tanto nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, coma nos Xogos do Mediterráneo, no ano 2001 en Tunisia, e nos Campionatos do Mundo de Atletismo do 2002 en Madrid

A súa mellor marca persoal é de 59,43 metros, acadada en xullo de 2001 en Valencia, que foi ademais o récord galego da especialidade.

Unha vez retirada tivo actividade na xestión deportiva. Foi nomeada xerente do Consello Municipal de Deportes de Ourense en 2002, posto que ocupou ata 2007, e unha década máis tarde, en 2016, foi nomeada Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a máxima autoridade política en materia de deporte en Galicia, en substitución de José Ramón Lete. A finais de 2018, Lete foi destituído no seu posto en Madrid e regresou a Galicia, o que motivou a destitución de Míguez.

Vida persoal Casou co tamén atleta e lanzador de xavelina Julián Sotelo, co que tivo tres fillos, os tres xogadores de baloncesto: Lucía, Inés e Martín.

Notas

Categoría:Nados en 1973 Categoría:Atletas olímpicos de Galicia Categoría:Nados en Cortegada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Lanzadores de xavelina Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000