José Alonso Liste, nado en Lugo o 26 de abril de 1990, é un piloto de automobilismo galego.

Traxectoria A súa afección polo mundo do motor veulle inculcada polo seu pai quen o meteu no mundo do karting con catro anos, e onde comezou a competir oficialmente no ano 1997 con sete anos de idade. No ano 2006 sobe ao podio do campionato de España na categoría Rotax Max.

A partir de entón comeza a subir categorías, competindo en Fórmula 3 no ano 2008 e na Fórmula Palmer Audi no 2010. Os bos resultados levárono a debutar en Fórmula 2 pero ante a falta de patrocinios no ano 2011 pasou a Mini Challenge.

Palmarés Karting 1997 6º Clasificado na categoría cadete do campionato de Galiza.

1998 Subcampión na categoría cadete do campionato de Castela e León. 8º Clasificado na categoría cadete do campionato de España.

1999 Subcampión na categoría cadete do campionato de Castela e León. 8º Clasificado na categoría cadete do campionato de España.

2000 5º Clasificado na categoría cadete do campionato de España.(1 pole, 1 volta rápida)

2001-2002 Subcampión na categoría INTER A do campionato de Galiza. 6º Clasificado na categoría cadete do campionato de Cataluña.

2003 3º Clasificado do campionato de España de Karting fórmula ROTAS MAX.

2005 4º Clasificado do campionato de España de Karting fórmula ROTAX JUNIOR. Campión do campionato de Castela e León de Karting fórmula ROTAX JUNIOR. 3º Clasificado do campionato de Castela e León de Karting fórmula 125.

2006 3º Clasificado do campionato de España de Karting fórmula ROTAS MAX.

Fórmula 2003 Test Fórmula BMW

2006 Test Fórmula BMW (monitorizado por Sebastian Vettel

2007 Fórmula Master Júnior de BMW (1 Pole, 1 Podio) 2 Test co Equipo de F3 Campos Racing (2º posto baixo chuvia)

2008 20º Campionato de España de Fórmula 3 co equipo Hache Team. 6º Campionato de España de Fórmula 3 (Mellor rookie, 2 Podios)

2009 11 °Fórmula Palmer Audi (1 vitoria, 1 Pole Position)

2010 No ano 2010 anunciouse que José competiría en Fórmula 2, realizando os test de pretempada. Porén non puido debutar xa que a Xunta de Galicia lle retirou o apoio económico que se comprometera verbalmente a achegar "O futuro de Alonso Liste, no aire", artigo en El Progreso.

2011 3º na competición MINI Challenge

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Lugo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1990 Categoría:Pilotos de automobilismo de Galicia