Goretti Sanmartín Rei, nada na Estrada o 6 de xullo de 1964, é unha filóloga, escritora e política galega. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 2012.Membros correspondentes da RAG
É a alcaldesa de Santiago de Compostela desde o 17 de xuño de 2023.
Traxectoria
Carreira profesional Licenciada e doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa, foi profesora de educación secundaria e despois profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña. As súas liñas de investigación céntranse na formación da lingua literaria galega durante o século XIX e sobre a época das Irmandades da Fala.
É membro do Consello de Redacción da Revista Galega de Filoloxía e foi directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña entre o 2004 e o 2006.
Carreira política En 2012 foi elixida responsable do BNG de Santiago de Compostela e dende 2013 é secretaria de Implantanción e Estratexia Municipal do BNG.
Formou parte das listas do BNG ao concello de Santiago nas eleccións municipais do ano 2015, como número dous, saíndo elixida concelleira. Tras o pacto de goberno acadado entre PSdeG-PSOE e BNG para a Deputación da Coruña, foi elixida Vicepresidenta e Voceira do ente provincial. No ano 2019 preséntase como número 1 polo Bloque Nacionalista Galego ao Concello de Santiago de Compostela, saíndo elixida tras obter 2 escanos. Ademais abandona a vicepresidencia da Deputación da Coruña.
Nas Eleccións municipais de 2023 recuncou como candidata do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía do Concello de Santiago de Compostela pasando de 2 a 6 edís, e subindo de 4.870 votos a 11.428, polo que foi elixida alcaldesa co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE (6) e de Compostela Aberta(2).
Obras Ensaio Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936), 2002. Os (pre)textos galegos (1863-1936), 2002, Sotelo Blanco. Nos camiños do entusiasmo, 2009, Xerais. Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco,Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco 2012. A Coruña: Universidade da Coruña. ISBN 978-84-9749-527-1
Edición O Teatro de Xan da Cova: La Galiciana e María Pita, 2002, Universidade da Coruña. A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para a ópera, de Ramón Cabanillas, 2002, Universidade da Coruña.
Obras colectivas A lingua literaria galega no século XIX, 2005, Universidade da Coruña. Criterios para o uso da lingua, 2006, Universidade da Coruña. Nicomedes Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Villar Ponte, 2006, Fundación Caixa Galicia. Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte. Volume I, 2006, Deputación de Lugo. Sobre a calidade da nosa lingua, 2007, Universidade da Coruña. Lingua e futuro, 2010, Laiovento. ISBN 9788484871811 Unha outra guía para a intervención lingüística, 2011, Universidade da Coruña. Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía.
Premios XIX Premio Literario Ánxel Fole por Nicomedes Pastor Díaz, unha existencia exemplar (2005).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Santiago de Compostela
Ligazóns externas Páxina persoal na Universidade da Coruña Ficha da autora en Xerais
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1964 Categoría:Premio Ánxel Fole Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Políticos do BNG Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Profesores de educación secundaria