90-60-90, diario secreto de una adolescente é unha serie de televisión española producida por Diagonal TV e estreada o 7 de setembro de 2009 en Antena 3.Antena 3 estrea '90-60-90' o próximo luns 7 de setembro

A pesar dos seus baixos rexistros de audiencia, a cadea decidiu manter a serie ata o final, emitindo o último episodio o luns 26 de outubro, e sen renovación para unha segunda tempada.'90-60-90' despídese da audiencia o próximo 26 de outubro

Argumento 90-60-90 narra a vida de Mel (Esmeralda Moya), unha adolescente orfa de pai e, por un accidente, tamén de nai. Xunto á súa amiga África (Ana Rujas), sairalles a oportunidade de ser modelos para a axencia I-Deal, dirixida por Chantal (Assumpta Serna) e o seu esposo Abe (Eduardo Velasco). Penetrándose nas reviravoltas do mundo da moda, coñecerán a Bruno (Jesús Olmedo), que traballa de fotógrafo na axencia, divorciado de Mary Carmen (Fanny Gautier) e cunha filla, Luz (Nadia de Santiago). Entre Mel e Bruno xurdirá unha relación sentimental fóra do común, xa que este dóbralle a idade á moza.

Repartimento Actor/ActrizPersonaxeDescriciónJesús Olmedo Bruno Varela Fotógrafo de I-Deal e pai de Luz.Fanny Gautier Mary Carmen Galán Nai de Luz.Esmeralda Moya Melania "Mel" Álvarez Filla de Eva, modelo de I-Deal e sobriña de Luigi.Ana Rujas África Villalba Serrano Amiga de Mel, ex de Leo, modelo de I-Deal e noiva de Alberto.Isak Ferriz Domenico Maldini Booker de África e Mel.Jordi Ballester Luigi Santos Tío de Mel e Júlia, irmán de Eva e noivo de Norma.Eduardo Velasco Abelardo "Abe" Mitre Ex copropietario de I-Deal, ex marido de Chantal e irmán de Alberto.Assumpta Serna Chantal Casares Directora da axencia de modelos I-Deal.Nerea Garmendia Silvia Comas Ex modelo de I-Deal.Álex Adróver Alberto Gavilán Cortés Estilista e fotógrafo de I-Deal, irmán de Abe e noivo de África).Carla Campra Júlia Álvarez Filla de Eva, irmá de Mel e sobriña de Luigi.Marta Marco Norma Carvajal Veciña de Eva e noiva de Luigi.Nadia de Santiago Luz Varela Galán Filla de Bruno e Mary.Carmen Arévalo Paloma Indixente e amiga de Júlia.Ana Gracia Raquel Serrano Nai de África e ex muller de Antonio.Pablo Penedo Lauro Bayo Maquillador de I-Deal.Adrián Marín Dani Salcedo Antigo amigo de Mel.María Reyes Gema Modelo de I-Deal e amiga de Lauro.Alessandro Terranova Leo Modelo de I-Deal e ex de África.Juanma Navas Antonio Villalba Pai de África e ex marido de Raquel. Silvia Medina Eva Álvarez † Nai de Mel e Júlia e irmá de Luigi.Karlos Klaumannsmoller Xefe de Mel no supermercado.

Capítulos e audiencias Capítulo Nome Data de emisión Espectadores Share PRIMEIRA TEMPADA 1 Mírame 7 de setembro de 2009 2 199 000 14,5% 2 La sal de la tierra 14 de setembro de 2009 1 984 000 13,2% 3 Flores de hielo 21 de setembro de 2009 1 795 000 11,2% 4 I-Realidad 28 de setembro de 2009 2 099 000 12,9% 5 I-Nevitable 5 de outubro de 2009 2 039 000 12,9% 6 Apocalipsis 12 de outubro de 2009 2 050 000 13,6% 7 La terrible verdad 19 de outubro de 2009 2 239 000 14,1% 8 Ángel de la guarda 26 de outubro de 2009 2 297 000 15,7%

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da serie en formulatv.com

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Antena 3 Categoría:Series de televisión de España