As deltaproteobacterias ou Deltaproteobacteria (tamén escrito delta-proteobacterias) é un grupo de bacterias gramnegativas que se considera unha clase do filo Proteobacteria.
As Deltaproteobacteria comprenden unha póla de proteobacterias de xéneros predominantemente aerobios, como as Myxobacteria formadoras de corpos frutíferos, que liberan mixoesporas cando están en ambientes desfavorables, e outra póla de xéneros estritamente anaerobios, que contén a maioría das bacterias redutoras de sulfato (Desulfovibrio, Desulfobacter, Desulfococcus, Desulfonema etc.) e as redutoras de xofre (por exemplo, Desulfuromonas spp.), xunto con outras bacterias anaerobias de diferente metabolismo (como as redutoras de ferro Geobacter spp. e as sintróficasa sintrofía é o proceso por medio do cal dous ou máis microorganismos cooperan na degradación dunha substancia que non poden degradar por si sós. Pelobacter e Syntrophus spp.).
Recentemente, identificouse unha deltaproteobacteria patóxena intracelular, Lawsonia intracellularis.
Filoxenia
O cladograma mostra a taxonomía aceptada actualmente baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) e nas bases de datos taxonómicas do NCBI (National Center for Biotechnology Information) e a filoxenia baseada en datos do ARNr 16S da LTP 106 do proxecto The All-Species Living Tree 'The All-Species Living Tree' Project.
Notas: ♠ Cepas que se encontran no NCBI pero non na LSPN. ♣ O International Journal of Systematic Bacteriology ou o International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM) publicaron especies que están en prensa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Proteobacteria Alphaproteobacteria Betaproteobacteria Gammaproteobacteria Epsilonproteobacteria Zetaproteobacteria Taxonomía bacteriana
Ligazóns externas MeshName - Deltaproteobacteria
Categoría:Proteobacterias