Peggy Oki é unha skater, surfista, artista e activista medioambiental estadounidense.

Comezou no skate sobre o ano 1975 co grupo Z-Boys, sendo a única rapaza e converténdose así nunha das primeiras mulleres skaters do mundo. Estudou bioloxía medioambiental e obtivo unha licenciatura de arte en pintura pola Universidade de California. Hoxe en día, segue involucrada en varias actividades como o ioga, o skate, a escalada e o surf.

Ten viaxado a multitude de países como surfista e tamén como activista, entre os que se contan Fiji, México, Suráfrica, Polinesia Francesa, Indonesia, Xapón, Tonga, Hawai, Nova Zelandia, Australia e Costa Rica.

Tamén participou no filme documental Dogtown and Z-Boys, no que se narra a historia dos Z-Boys e a súa influencia na cultura da patinaxe. No 2005, Oki e o resto dos Z-Boys foron novamente obxecto da gravación dun filme sobre as súas vidas chamado Lords of Dogtown.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Commuter Bicycles: Peggy Oki Juice Magazine, entrevista "Origami Whales Project", Peggy Oki

Categoría:Skaters Categoría:Surfistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados nos Ánxeles