miniatura|Estereóbata do templo de Segesta. Unha estereóbata (do grego antigo στερεοβάτης: base sobre a que se apoia unha columna)Lajo (1990), p. 74 é, na arquitectura, unha base elevada sobre a que se sustentan os muros ou unha columnata. Hai unha certa confusión terminolóxica sobre o concepto pois, ás veces, refírese ao conxunto da plataforma sobre a que se apoia a construciónGarcía (2016) e, noutras ocasións, denomínase así ao conxunto dos dous primeiros chanzos da plataforma.Santabárbara (2016)

Grecia Na arquitectura grega, a plataforma sobre a que se ergue o templo denomínase crepidoma ou krepis. Consta, na orde dórica, de tres chanzos, dos cales, os dous primeiros denomínanse estereóbata, mentres o último chanzo é o que se coñece como estilóbata.

Roma Nos templos romanos, a base que fai a función de estereóbata chámase podio.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Templo grego Estilóbata Crepidoma

Categoría:Elementos arquitectónicos Categoría:Elementos arquitectónicos da Grecia Antiga