O Gran Premio de Mónaco de 1998 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada o 24 de maio de 1998 no Circuíto de Mónaco en Montecarlo, Mónaco.

Cualificación

A maior sorpresa na clasificación do sábado foi Giancarlo Fisichella. Amañouse para pór o seu coche no terceiro posto, só por detrás dos dous McLaren - Mercedes. Durante un momento Fisichella foi o piloto máis rápido. Michael Schumacher, que estaba loitando polo campionato mundial clasificou cuarto, o que foi unha gran decepción para os miles de afeccionados italianos que viaxaron a Mónaco para a carreira.

Carreira Nunha saída perfecta para McLaren - Mercedes viu a ambos coches liderar na primeira curva, con Häkkinen diante de Coulthard. Fisichella e Schumacher marchaban 3º e 4º. Nas primeiras voltas os dous McLaren - Mercedes encabezaron a carreira. Na volta 18 David Coulthard retirouse con problemas no motor.

Michael Schumacher foi o primeiro en entrar en boxes para recargar combustible na volta 30. Unha volta máis tarde entrou Giancarlo Fisichella, a pesar de que saíu dos boxes detrás do Ferrari. Pronto Michael achegouse por detrás de Alexander Wurz e tratou de pasalo custase o que custase. Cando os dous chegaron á curva de Loews, Michael intentouno polo interior, pero o austríaco non cedeu o paso. Os dous coches tocáronse e o Ferrari resultou danado. Michael entrou a boxes para a súa reparación, e finalmente saíu a tres voltas no líder de Mika Häkkinen.

Wurz non parecía afectado polo contacto, pero a súa suspensión rompeu debido aos danos da colisión e tivo un accidente enorme na saída do túnel, finalmente parouse na chicane Nouvelle. Despois do segundo accidente de Wurz na volta 42, a orde era Mika Häkkinen seguido de Giancarlo Fisichella, Eddie Irvine, Jean Alesi e Mika Salo. Con todo, a cinco voltas do final Jean Alesi sufriu problemas co cambio, e viuse obrigado a retirarse da carreira, Pedro Diniz subiu á sexta posición. Michael Schumacher intentou pasar Diniz na chicane, pero tocáronse. Este segundo accidente rompeu o alerón dianteiro, e Michael finalmente terminou con dúas voltas perdidas no décimo lugar, fóra dos puntos.

Clasificación Cualificación

Pos Nº Piloto Construtor Tempo Diferenza 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:19.798 2 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:20.137 +0.339 3 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:20.368 +0.570 4 3 Michael Schumacher Ferrari 1:20.702 +0.904 5 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:20.729 +0.931 6 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:20.955 +1.157 7 4 Eddie Irvine Ferrari 1:21.712 +1.914 8 17 Mika Salo Arrows 1:22.144 +2.346 9 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:22.157 +2.359 10 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:22.238 +2.440 11 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 1:22.257 +2.459 12 16 Pedro Diniz Arrows 1:22.355 +2.557 13 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:22.468 +2.670 14 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:22.540 +2.742 15 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:23.151 +3.353 16 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 1:23.263 +3.465 17 19 Jan Magnussen Stewart-Ford 1:23.411 +3.613 18 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 1:23.536 +3.738 19 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 1:23.957 +4.159 20 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:24.024 +4.226 21 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:24.031 +4.233 NSC 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:25.737 +5.939

Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 78 1:51:23.595 1 10 2 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 78 +11.475 3 6 3 4 Eddie Irvine Ferrari 78 +41.378 7 4 4 17 Mika Salo Arrows 78 +1:00.363 8 3 5 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 77 +1 volta 13 2 6 16 Pedro Diniz Arrows 77 +1 volta 12 1 7 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 77 +1 volta 9 8 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 76 +2 voltas 15 9 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 76 +2 voltas 19 10 3 Michael Schumacher Ferrari 76 +2 voltas 4 11 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 76 +2 voltas 20 12 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 72 Caixa de cambios 11 Ret 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 56 Caixa de cambios 10 Ret 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 49 Roda 18 Ret 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 44 Suspensión 16 Ret 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 42 Trompo 6 Ret 19 Jan Magnussen Stewart-Ford 30 Suspensión 17 Ret 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 17 Motor 2 Ret 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 11 Suspensión 14 Ret 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 9 Colisión 5 Ret 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 0 Trompo 21 NSC 20 Riccardo Rosset Tyrrell-Ford 0 Non cualificado NSC

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Mika Häkkinen 46 2 David Coulthard 29 3 Michael Schumacher 24 4 Eddie Irvine 15 5 Alexander Wurz 9

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 75 2 Ferrari 39 3 Williams-Mecachrome 16 4 Benetton-Playlife 16 5 Sauber-Petronas 4

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Véxase tamén

Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1 Mónaco