miniatura|dereita|Ectoderma nas fases de blástula e gástrula. miniatura|dereita|Sección do disco embrionario dun espertello. miniatura|dereita|Sección dun embrión humano implantado no útero. O ectoderma é unha das tres capas xerminais primarias que se forman nas fases iniciais do desenvolvemento do embrión. As outras dúas capas son o endoderma (capa interna) e o mesoderma (capa media), en tanto que o ectoderma é a capa máis externa.Langman's Medical Embryology, 11th edition. 2010. É a capa que primeiro se forma a partir das capas externas do embrión en desenvolvemento durante a fase de blástula, e del xurdirán o endoderma e o mesoderma durante a gastrulación.
En xeral, pódese dicir que o ectoderma se diferencia formando o sistema nervioso (medula espiñal, encéfalo e nervios periféricos), o esmalte dentario e a epiderme (capa externa da pel ou integumento). Tamén forma o revestimento interno da boca, ano, fosas nasais, as glándulas sudoríparas, pelos e uñas.
Nos vertebrados, o ectoderma ten tres partes: ectoderma externo ou superficial, crista neural, e tubo neural. Os dous últimos forman o neuroectoderma.
Elementos derivados do ectoderma Son os seguintes: Ectoderma externo. Orixina A pel e os seus anexos Pelos Uñas (e noutros animais plumas, cornos e pezuños) Boca e epitelio da cavidade nasal Córnea Glándulas da pel Glándulas mamarias Células da crista neural. Orixinan Melanocitos Sistema nervioso periférico Cartilaxe facial e dentes Tubo neural. Orixina O sistema nervioso central Encéfalo Medula espiñal e nervios motores Retina Neurohipófise
Notas
Véxase tamén Outros artigos Endoderma Mesoderma Celoma Organoxénese
Categoría:Embrioloxía