Antonio Concheiro Iglesias, nado en Ordes o 25 de febreiro de 1904 e finado no mesmo concello o 2 de marzo de 1991La Voz de Galicia, 3-3-1991, p. 71., foi un médico e político galego.

Traxectoria miniatura|Banda municipal de Ordes coa súa directiva en 1932. Antonio Concheiro é o segundo da segunda fila.

Fillo de Antonio Concheiro Rodríguez. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde monárquico de Ordes durante a II República ata a vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936. En 1943 montou o Sanatorio Concheiro onde atendeu ao guerrilleiro Foucellas cando estivo ferido. En agosto de 1950 inaugurou o novo sanatorio. En 1953 fundou a Sociedad Deportiva Club Órdenes, da que foi presidente. Volveu ser alcalde en 1968. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse pola UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta.

Vida persoal Casou con Eduvigis Carro Viqueira en 1928El Orzán, 27-11-1928, p. 1., foi o pai de Antonio e Luis Concheiro Carro, médico e académico.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Ordes

Ligazóns externas Antonio Concheiro Iglesias

Categoría:Alcaldes de Ordes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1991