Kosmos 51 (Космос 51 en ruso), tamén denominado DS-MT N°3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 9 de decembro de 1964 mediante un foguete Kosmos desde Kapustin Yar.
Características Kosmos 51 foi o terceiro satélite da serie DS-MT de tres que se lanzaron, e o segundo lanzado con éxito. Foi inxectado nunha órbita inicial de 537 km de apoxeo e 258 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,8 graos e un período de 92,6 minutos.
O satélite pesaba 350 kg e foi deseñado para facer probas sobre sistemas de orientación eléctrica mediante xirodino no espazo, así como facer observacións sobre raios cósmicos..
Kosmos 51 reentrou na atmosfera o 14 de novembro de 1965.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Kosmos 31 DS-MT
Categoría:Satélites Kosmos Categoría:DS-MT