"Mo Ghile Mear" (O meu Valente Amor en galego) é unha antiga canción irlandesa composta en gaélico irlandés por Seán Clárach Mac Domhnaill no século XVIII. Está composta segundo o estilo irlandés Aisling de poesía. Trátase dun lamento da deusa Ériu (personificación de Éire) por Charles Edward Stuart, pretendente ó trono de Gran Bretaña, que daquela estaba no exilio após a batalla de Culloden dos levantamentos xacobitas.

Letra Orixinal en gaélico irlandés Sé mo laoch mo Ghile Mear ‘Sé mo Shaesar, Ghile Mear, Suan ná séan ní bhfuaireas féin Ó chuaigh i gcéin mo Ghile Mear.

Seal dá rabhas im’ mhaighdean shéimh, ‘S anois im’ bhaintreach chaite thréith, Mo chéile ag treabhadh na dtonn go tréan De bharr na gcnoc is in imigéin.

Bímse buan ar buairt gach ló, Ag caoi go cruaidh ‘s ag tuar na ndeor Mar scaoileadh uaim an buachaill beo ‘S ná ríomhtar tuairisc uaidh, mo bhrón.

Ní labhrann cuach go suairc ar nóin Is níl guth gadhair i gcoilltibh cnó, Ná maidin shamhraidh i ngleanntaibh ceoigh Ó d’imthigh sé uaim an buachaill beó.

Ghile Mear ‘sa seal faoi chumha, ‘S Éire go léir faoi chlócaibh dubha; Suan ná séan ní bhfuaireas féin Ó chuaigh i gcéin mo Ghile Mear.Tradución ó galego El é o meu campión o meu Valente Amor, É o meu César, un Valente Amor Non teño descanso nin fortuna Dende que o meu Valente Amor marchou moi lonxe.

Unha vez fun doncela solteira Mais agora son unha viúva acabada O meu consorte está arando nas ondas Moi lonxe sobre os outeiros.

Cada día estou aturando a constante dor Chorando amargamente e agromando bágoas, Porque o meu home deixoume E non hai novas del, mágoa.

O cuco xa non canta ledo despois do mediodía, E os ladridos dos cans non se oen nos nogueirais, Ningunha mañá de verán no neboento val Dende que o meu home se foi de cabo min.

Valente Amor por un tempo na tristura, E Irlanda enteira baixo capas negras; Non teño descanso nin fortuna Dende que o meu Valente Amor marchou moi lonxe.

Gravacións da canción Mary Black - Collected, 1984 Pádraigín Ní Uallacháin - A Stór Is A Stóirín, 1994 The Chieftains & Sting - The Long Black Veil, 1995 Celtic Woman - Celtic Woman: A New Journey, 2007 Una Palliser - Specsavers 'Sheep advert' , 2008 Órla Fallon - My Land, 2011 Celtic Thunder (como Hail the Hero (Mo Ghile Mear), con letra) - Storm, 2011

Véxase tamén Outros artigos

Levantamentos xacobitas Bonnie Prince Charlie Skye Boat Song Outlander (serie de televisión)

Ligazóns externas Sting & The Chieftans - Mo Ghile Mear en YouTube. Mary Black - Mo Ghile Mear en YouTube. Celtic Woman - A New Journey - Mo Ghile Mear en YouTube.

Categoría:Música de Irlanda