Anthony Hope Hawkins, nado en Londres o 9 de febreiro de 1863 e finado o 8 de xullo en 1933, foi un escritor británico.
Traxectoria Estudou na Universidade de Cambridge e exerceu a avogacía de 1887 a 1894. A súa primeira obra foi A Man of Mark (1890). A súa novela máis famosa é The Prisoner of Zenda (1894), que transcorre no reino ficticio de Ruritania, no cal o rei Rupert V é substituído un tempo polo seu curmán Rupert Rassendy ll (quen se namora da princesa Flavia). Outra das súas obras máis famosas é a secuela desta, Rupert de Hentzau (1898). Foi recoñecido como Sir polo seu labor propagandístico a favor de Gran Bretaña durante a primeira guerra mundial. Algunhas das súas obras foron levadas ao cinema, principalmente O prisioneiro de Zenda.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1933