La Estrella Compostelana foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1867 e 1868.

Historia e características Apareceu en outubro de 1867 como continuación de El Correo de Galicia. Editado por Antonio de Leiva, estaba dirixido por José Salgado Rodríguez e na súa redacción participaron José María Portal González, Félix Moreno Astray e Bernardo Barreiro. Foi un defensor dos intereses da cidade e incluía composicións poéticas, artigos de apoloxía eclesiástica e referencias a temas sociais. Publicou o suplemento El Estudiante, Revista festiva de la Estrella. Cesou a súa edición en marzo de 1868.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1867 en Galicia