Un exclave, en xeografía política, designa un territorio que pertence politicamente a outro, pero que non está conectado por terra con este (coa excepción das illas).
Exemplos en Galiza Parroquias entre outros concellos Bruma, parroquia do concello de Mesía, entre Ordes, Carral e Abegondo. Vilacova, parroquia do concello de Salvaterra de Miño, entre Ponteareas e As Neves. Uma, parroquia do concello de Salvaterra de Miño, entre Ponteareas, As Neves, Mondariz e A Caniza. Vilar de Mouros e A Lampaza, lugares da parroquia de Doade (Sober), entre Monforte de Lemos e O Castro de Caldelas. Vilariño Frío en San Cristovo de Cea, entre Dozón e Piñor. Rabal en Oímbra
Parroquias descontinuas Vigo en Boqueixón Breamo en Pontedeume Maniños en Fene Santiago de Mondoñedo en Mondoñedo
Casos asimilables Cando un concello está dividido en varias partes: Oubiña e Castrelo en Cambados Cando un concello ten unha illa que forma parroquia independente: A Illa de Ons, Bueu Illas Cíes, en Vigo
Casos límite Cando unha parroquia forma unha excrecencia do territorio principal do concello, como unha península. Caión en A Laracha San Pedro de Losón de Vila de Cruces Xoibán en Vilalba O Temple en Cambre e en menor medida: Santa Cristina de San Romao en Lugo Cazás en Xermade Bidueiros en Dozón Vallo, A Ribeira ou Castañedo de Navia de Suarna O Souto en A Peroxa Melias en O Pereiro de Aguiar Pedrafita do Cebreiro en Pedrafita do Cebreiro Faro en Viveiro
Exemplos en España A vila navarra de Petilla de Aragón, en Aragón. O municipio cántabro de Valle de Villaverde, en Biscaia. A vila catalá de Llívia, en Francia. O Rincón de Anchuras, concello da provincia de Cidade Real, entre as provincias de Toledo e Badaxoz. O Rincón de Ademuz, pertencente á Provincia de Valencia, entre a provincia de Teruel e a de Cuenca. O Condado de Treviño, pertencente á provincia de Burgos, situado dentro da provincia de Áraba. O municipio biscaíño de Orduña, entre Áraba e a provincia de Burgos. A madrileña Devesa da Cepeda, situada entre as provincias de Ávila e de Segovia. A localidade de Villar (provincia de Córdoba) na provincia de Sevilla.
Exemplos no mundo A rexión rusa de Kaliningrado, entre Polonia e Lituania. A antiga Berlín Occidental dentro da República Democrática Alemá. A República autónoma de Nakhichevan, que está entre Irán e Armenia, pero é un territorio pertencente a Azerbaidján. A península de Copacabana, que pertence a Bolivia pero conecta territorialmente ao Perú. A Illa Martín García que pertence a Arxentina pero está no sector uruguaio do Río da Prata. A Illa da Liberdade de Nova York, atópase no territorio de Nova Jersey. O distrito de Temburong de Brunei, único distrito que se atopa separado do resto do territorio e que está rodeado por Malaisia e con costas sobre a baía de Brunéi. A rexión chamada Likoma en Malawi.
Véxase tamén Outros artigos Enclave Periclave
Categoría:Xeopolítica