Alento foi unha revista de contido totalmente redactado en lingua galega, editada en Santiago de Compostela de 1934 a 1935.
Historia e características Subtitulada Boletín de Estudos Polítecos, apareceu en setembro de 1934 cos seus dous primeiros números correspondentes a xullo e agosto editados nun só caderno.El Pueblo Gallego, 19-9-1934, p. 4. Dirixida por Álvaro das Casas, foi defensora das ideas nacionalistas. Entre os seus colaboradores figuraron Vicente Risco, Xohán Brañas, Paulino Pedret, Francisco Fernández del Riego, Luís Seoane, Ramón Villar Ponte, Aquilino Iglesia Alvariño, Augusto María Casas e Luís Manteiga. Publicou artigos sobre arte galega, teoría literaria, ensaio e sobre o concepto do nacionalismo. Cesou a súa publicación en xuño de 1935, ao recoller nun só número os boletíns 10, 11 e 12.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:Prensa escrita en lingua galega
Categoría:1934 en Galicia Categoría:Revistas en lingua galega