Antonio Pedrosa Latas, nado en Lugo o 23 de agosto de 1916 e finado en Los Molinos (Madrid) o 25 de febreiro de 1990, foi un militar e político galego.
Traxectoria Participou na organización de Falange Española en Lugo baixo a dirección de José Cedrón del Valle en 1934. Combateu no bando nacional durante a guerra civil española. Chegou a Tenente Coronel de Infantaría. Foi asesor xurídico do Instituto Social da Mariña e secretario do Sindicato Nacional de PescaABC-Sevilla, 3 de novembro de 1942. Asesor xurídico do Ministerio de Traballo. Xefe Provincial do Movimiento Nacional na provincia de Ourense até xuño de 1940. Xefe Nacional do Sindicato da Pesca. Director Xeral Técnico do Instituto Social da Mariña.
Foi procurador en Cortes durante a primeira lexislatura do franquismo en representación da Organización Sindical, designado pola Xunta Extraordinaria da Delegación Nacional de Sindicatos. Volveu ocupar o escano durante as sete últimas lexislaturas. Foi Conselleiro Nacional, membro do IX Consello Nacional de FET y de las JONSBOE núm. 117, de 17 de maio de 1961. e tamén do X Consello NacionalBOE núm. 147, de 19 de xuño de 1964..
Pedrosa Latas protagonizou en febreiro de 1976 unha intervención ante a Comisión de Defensa Nacional das Cortes, na que cualificou á Universidade de búnker marxista e dixo:La policía no ha facilitado nueve nombres de los detenidos por el asalto a Derecho. Jacobo Pedrosa ya participó en un acto similar en 1976, El País 01/02/1979
Nas eleccións xerais de 1977 foi candidato ao senado por Alianza Popular pero non resultou elixido. Finou en Los Molinos o 25 de febreiro de 1990.Necrolóxica en ABC
Recoñecementos Medalla de Ouro do concello de Lugo.DISTINCIONES HISTÓRICAS DEL AYUNTAMIENTO DE LUGO Retirada en 2015. CEIP Antonio Pedrosa Latas en Celeiro (Viveiro). O concello de Viveiro acordou en febreiro de 2018 aprobar á petición do CEIP Antonio Pedrosa Latas para cambiar a súa denominación pola de CEIP de Celeiro en aplicación da Lei de Memoria Histórica. Vida persoal Casou con Concepción González de Castejón Patiño e foi pai de Pilar Pedrosa González de Castejón.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Falanxistas Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes