O distrito de Bukwa é un distrito da Rexión Leste de Uganda, denominado así pola súa capital, Bukwa. O censo de poboación do 2002 estimaba a poboación do distrito en arredor de 49.900 habitantes, vivindo a maioría deles na extrema pobreza, sendo tamén campo de disputas entre diferentes grupos étnicos, os karamojong, ao norte, e os turkana e pokot, da veciña Kenya, liortas centradas na gandaría que se remontan aos anos 1950 e 1960.
Limita co distrito de Amudat polo norte, coa República de Kenya polo leste e o sur e co distrito de Kween polo oeste e o noroeste.
Foi creado o 1 de xullo de 2005. Anteriormente o distrito formaba parte do distrito de Kapchorwa. Foi creado a partir do condado de Kongasis.
Bukwa