Jennifer Shrader Lawrence, nada o 15 de agosto de 1990 en Indian Hills, Kentucky, é unha actriz estadounidense de cinema e televisión.

Traxectoria Sendo a máis pequena de tres irmáns, o seu interese pola interpretación comezou cando era moi pequena. Na súa nenez tamén tivo interese polos deportes. Cando tiña 14 anos fixo unha viaxe a Nova York que cambiou a súa vida. Uns axentes quedaron impresionados coa rapariga cando lle fixeron unha proba para un pequeno papel. Dicían que nunca viran unha lectura en frío tan ben feita polo que aconsellaron aos pais a que pasara un verán facendo unha curso de interpretación. Graduouse en secundaria dous anos antes do normal co fin de comezar canto antes co seu traballo como actriz.

Carreira artística 2006-2008: comezos na televisión e o cine independente Os seus comezos caracterizáronse polas espontáneas aparicións nas series de televisión, sendo a maioría series de moito éxito en audencia e que aínda son recordadas a día de hoxe polo público. Estas series eran: Monk, Caso aberto ou Medium. No 2007 obtivo o seu primeiro papel importante, un dos papeis do elenco como protagonista da comedia The Bill Engvall Show, serie que estivo en emisión durante dous anos e na cal a presenza de Jennifer mantívose durante trinta capítulos. A serie rematou cando o seu produtor, Troni Mcburger, decidiu orientar os seus intereses noutros proxectos.

Lawrence meteuse no mundo do cine en 2008, interpretando papeis estelares de corte independente como The Poker House, no cal actuou con Selma Clair. Ela interpretaba a unha rapaza nova que era vítima do maltrato e de abusos; Garden Party, proxectos que pasaron desapercibidos para o público. Tras a realización de varios proxectos sen moito éxito, Jennifer volveu probar sorte no cine independente na longametraxe Lejos de la tierra quemada, na cal compartiu créditos con grandes estrelas de cine como Charlize Theron e Kim Basinger. Ela interpretaba a Mariana, unha adolescente marcada pola morte da súa nai. A película tivo malas críticas e non lle foi ben nos portelos, porén a interpretación da actriz tivo comentarios positivos, recibindo así o premio no Festival de Cine de Venecia á mellor actriz revelación.

2009-2010: Winter´s Bone, revelación e primeiro nomeamento aos Óscar Trala boa aceptación recibida por parte da crítica grazas ao seu papel como Mariana, Lawrence seguiu probando sorte noutras películas. Entre os proxectos nos cales formou parte destaca a longametraxe da directora Debra Granik, Winter´s Bone, na que compartía protagonismo con John Hawkes e Garret Dillahunt. No filme interpretaba a Ree Dolly, unha moza de 17 anos que estaba a cargo da súa empobrecida familia e que se viu obrigada a emprender un perigoso camiño para atopar ao seu pai e evitar que a súa familia quedase na rúa, debido a que o seu pai usou o título da casa para ter liberdade provisional e debía presentarse a un xuízo para conservala. A película foi galardoada con numerosos e prestixiosos premios da crítica cinematográfica e foi considerada como unha das mellores do ano. Así mesmo, Lawrence recibiu moitas loanzas grazas á súa interpretación, facendo así que fose considerada como unha das promesas cinematográficas da súa xeración, recibindo moitos galardóns da industria cinematográfica, destacando os premios de festivais de gran recoñecemento como Festival de Cine de Detroit e o Festival de Estocolmo e nomeamentos aos premios Óscar, SAG e Globos de Ouro na categoría de mellor actriz protagonista. Para prepararse para este papel, Lawrence tivo que aprender a disparar unha arma e a cazar animais.

Filmografía Filmes Ano Título Personaxe Notas 2008 Garden Party Tiff 2008 The Poker House Agnes 2008 The Burning Plain Mariana 2010 Winter's Bone Ree Dolly 2011 Like Crazy Sam 2011 The Beaver Norah 2011 X-Men: First Class Raven Darkholme/Mystique 2012 Os xogos da fame Katniss Everdeen 2012 House at the End of the Street Elissa Cassidy 2012 Silver Linings Playbook Tiffany Maxwell Óscar á mellor actriz 2013 Devil You Know Zoe (de moza) 2013 The Hunger Games: Catching Fire Katniss Everdeen 2013 American Hustle Rosalyn Rosenfeld 2014 Serena Serena Pemberton 2014 The Amazing Spider-Man 2 Raven Darkholme / Mística 2014 X-Men: Days of Future Past Raven Darkholme / Mística 2014 Dumb and Dumber To Fraida Felcher Cameo 2014 The Hunger Games: Mockingjay – Part 1 Katniss Everdeen 2015 The Hunger Games: Mockingjay – Part 2 Katniss Everdeen 2015 Joy Joy Mangano 2016 X-Men: Apocalypse Raven Darkholme / Mística 2016 Passengers Aurora 2017 Mother! Nai 2018 Red Sparrow Dominika Egorova 2019 Love, Antosha Ela mesma Documental 2019 Dark Phoenix Raven Darkhölme / Mystique 2021 Don't Look Up Kate Dibiasky TBA Red, White and Water

Televisión Ano Título Personaxe Notas 2006 Monk Mascot 1 episodio: "Mr. Monk and the Big Game" 2007–08 Medium Claire ChaseAllison 2 episodios: "Mother's Little Helper" e "But for the Grace of God" 2007 Cold Case Abby Bradford 1 episodio: "A Dollar, a Dream" 2007–09 The Bill Engvall Show Lauren Pearson 30 episodios 2013 Saturday Night Live Ela mesma (convidada) Episodio: "Jennifer Lawrence/The Lumineers" 2017 Jimmy Kimmel Live! Ela mesma (convidada) Episodio: "November 2, 2017"

Vídeo musical Ano Título ArtistaPersonaxe Notas 2010 "The Mess I Made" Parachute Moza

Premios Premios Óscar Ao longo da súa traxectoria, Lawrence gañou un Óscar á mellor actriz e foi candidata noutras tres ocasións.

Ano Título Categoría Resultado Notas 2011 Winter's Bone Mellor actriz Candidata 2013 Silver Linings Playbook Mellor actriz Gañadora 2014 American Hustle Mellor actriz secundaria Candidata 2016 Joy Mellor actriz Candidata

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Kentucky Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores infantís dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Kentucky Categoría:Óscar á mellor actriz