O TuTo Hockey é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Turku (Finlandia), sendo un dos dous clubs da cidade xunto co TPS (equipo que forma parte da máxima categoría, a SM-liiga). O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, aínda que durante varios anos competiu na máxima categoría, descendendo en 1996 (catro anos antes de que se pechara a competición). Os maiores logros da súa historia foron o campionato da Mestis en 2008 e os dous terceiros postos colleitados na SM-sarja (a antiga máxima categoría) en 1968 e 1970. Xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido tamén como OS/G Areena, un pavillón con capacidade para 2 985 espectadores.
Historia En 2017 o equipo proclamouse campión da Suomen Cup. O TuTo comezou a copa finlandesa derrotando aos Haukat da Suomi-sarja (2-3), co que conseguiu o pase aos cuartos de final, onde se enfrontou ao LeKi de Lempäälä, ao que derrotou con facilidade (6-2). Para acadar o pase á final, o equipo de Turku debía superar ao Espoo United. Logo da contundente vitoria por cinco goles a cero nas semifinais TuTo enfrontouse na final a SaPKo, que viña de terse proclamado campión da Mestis. A pesar do gol inicial do equipo de Savonlinna, os de Turku acabaron gañando a final (4-1), que se disputou no seu estadio, o Marli Areena.
Pavillón
miniatura|Esterior do Rajupaja Areena. O TuTo xoga os seus partidos como local no Kupittaan jäähalli, coñecido dende 2022 como Rajupaja Areena por motivos de patrocinio, un pavillón con capacidade para 2 985 persoas situado no distrito de Kupittaa da cidade de Turku. O equipo comparte o pavillón co equipo feminino do TPS, entre outros.
O pavillón foi inaugurado no outono de 2006. O primeiro partido do TuTo no pavillón tivo lugar o 16 de novembro dese mesmo ano fronte ao HeKi.
Personalidades Xogadores Capitáns do equipo Capitáns do TuTo na MestisNomePeríodo Vesa Lahtonen 2000-2001 Tero Forsell 2001-2003 Tuomas Jalava 2003-2004 Vikki Tammelin 2004-2006 Tapio Laakso 2006-2007 Pasi Järvinen 2007-2008 Matti-Pekka Pelkonen 2008–2011 Antti Virtanen 2011-2014 Anssi Virkki 2014 Timo Pärssinen 2014-2015 Aki Keinänen 2015-2016 Anssi Virkki 2016-2017 Hannu Kuru 2017 Niclas Lucenius 2017-2018 Jere Karlsson 2018-2021 Kristian Tuohilampi 2021-2022 Mikke Levo 2022-
Números retirados miniatura|O número 1 de Urpo Ylönen é un dos números retirados polo equipo de Turku. Ao longo da súa historia o TuTo retirou sete números en honor a outros tantos xogadores que tiveron un papel salientable na historia do equipo.
Números retirados do TuTo NºXogadorPosiciónCarreira no TuToReferencias 1 Urpo Ylönen G 1962-1975 4 Seppo Lindström D 1959-19701971-19751982-1983 10 Markku Vuorisalo F 1996-20032004-20062007-20092011-2012 16 Kari Johansson F 1963-19751979-1984 17 Atte Saunamäki F 1995-20032004-2007 20 Jouni Tuominen CAdestrador 1988-1997 39 Tero Forsell F 1996-20032004-2009
Lendas do equipo miniatura|250px|Un dos muros do "TuTo Hockey Hall of Legends" no Rajupaja Areena en 2025. O TuTo ten nomeado ata 2022 a 76 persoas que desenvolveron un importante papel no club. Estas personalidades son denominadas Legendat (en galego Lendas).
Palmarés Trofeos colectivos miniatura|250px|Bandeiras conmemorando os títulos da Mestis de 2008 e a Suomen Cup de 2017 no Rajupaja Areena. SM-sarja/Liiga 2 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 1968, 1970
Mestis A Mestis-pokaali (Copa Mestis) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e, polo tanto, campión da Mestis. É o trofeo principal da competición. O equipo gañou o trofeo unha vez: 2008. 2 medallas de prata como segundo clasificado dos play-offs: 2001, 2018. 5 medallas de bronce como terceiro clasificado dos play-offs: 2005, 2006, 2013, 2014, 2019.
Suomen Cup Campión: 2017.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sito web oficial
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Finlandia Categoría:Antigos equipos da SM-liiga Categoría:Deporte en Turku