Droctulf (ou Droctulfo, Drocto, Drocton) foi un xeneral bizantino de orixe bárbara da segunda metade do século VI. Traxectoria Droctulf era de orixe sueva ou alamánica (…Droctulf ex Suavorum, hoc est Alamannorum…). En 568 seguira como outros bárbaros aos longobardos do rei Alboíno á Italia do norte. Pouco despois, deixou os longobardos para se poñer ao servizo dos bizantinos e foi un fiel servidor do Imperio bizantino e do PapadoCando chegou a Italia en 568, Droctulf era probabelmente pagán ou ariano; debeuse converter ao catolicismo seguramente ao unirse ao bando bizantino. e loitou activamente contra os longobardos.
Loitou especialmente contra Faroaldo, duque de Spoleto, que atacara Rávena e capturara e saqueara o porto da cidade, Classis .
Droctulf deu rexeitado o duque longobardo e recuperou Classis en 576. Dux de Brixellum (Brescello, Emilia-Romaña) ao servizo de Bizancio, loitou a continuación contra o rei longobardo Authari antes de que o enviasen a Tracia e os Balcáns para rexeitar as tribos eslavas e os ávaros que ameazaban a fronteira do Danubio. Notas
Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum, finais do século VIII.
Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Longobardos Categoría:Militares do Imperio Bizantino Categoría:Historia de Italia do século VI