Alonso Gullón García Prieto, nado en Madrid o 18 de maio de 1884 e finado na mesma cidade o 9 de xuño de 1942Necrolóxica en ABC, foi un político español.
Traxectoria Sobriño de Manuel García Prieto e irmán do tamén deputado Manuel Gullón García Prieto que fora subsecretario do Ministerio de Graza e Xustiza. Nas eleccións xerais de 1910 foi proclamado deputado polo distrito de Ortigueira, substituíndo a Juan Fernández Latorre, nomeado gobernador civil de Madrid, en elección parcial convocada para o 25 de outubro de 1910, sendo proclamado sen elección polo artigo 29 da Lei ElectoralEleccións 8-5-1910 Consultado o 29 de agosto de 2012.. Repetiu o cargo polo mesmo distrito nas eleccións de 1914, e tamén nas de 1916. Nas eleccións de 1919 volveu ser proclamado sen elección. Nas eleccións de 1920, como Liberal Demócrata foi proclamado sen elección por un dos distritos da cidade da Coruña. Repetiu nas eleccións de 1923. Foi nomeado gobernador civil de Santander en decembro de 1915, permanecendo no posto até 1917. No franquismo foi Xefe de Administración civil no Instituto de Estudios Políticos e conselleiro da Caixa Postal de Aforros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Manuel García Prieto Pío Gullón Iglesias
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís de Madrid Categoría:Gobernadores civís de Cantabria Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Personalidades sen imaxes