thumb|230px|Igrexa de madeira de Borgund, en Lærdal (Sogn og Fjordane, Noruega). thumb|230px|Detalle do portal da igrexa de madeira de Urnes, en Luster, Sogn og Fjordane. thumb|230px|A igrexa de madeira de Heddal, a maior de todas as stavkirke (Notodden, Telemark).
Stavkirke é unha palabra norueguesaA forma plural é stavkirker. O equivalente sueco é stavkyrka (plural: stavkyrkor).Pode traducirse como igrexa de madeira ou igrexa de varas, pero ambos apelativos son inexactos. En noruegués, kirke significa igrexa, e stav, estaca, bastón ou vara. coa que se denomina un tipo particular de templos cristiáns medievais construídos de madeira, anteriormente comúns na Europa do Norte pero no presente confinados case exclusivamente a Noruega. As máis antigas teñen idades superiores aos 800 anos.
A súa característica particular é a súa técnica de construción, a stavverk, que consiste nun armazón de madeira formado de stav —grosos postes circulares que lle dan nome ás igrexas— sostidos por espigas a un marco cadrado de soleiras de madeira, que á súa vez se atopa asentado sobre alicerces pétreos, protexendo a madeira da humidade. A técnica relaciona as stavkirke co tramado de madeira, e confírelles, ademais, resistencia ás condicións climáticas, estabilidade e rixidez. A stavverk é descendente das desaparecidas igrexas de postes, construcións de técnica máis simple, aínda que nalgúns casos son bastante similares ás propias stavkirke.
A planta das stavkirke máis simples divídese nunha nave e nun coro, mentres as máis evolucionadas aseméllanse ás basílicas románicas, co teito en chanzos e piares no interior da nave. Esa similitude, ademais da decoración escultórica e pictórica, fixo supoñer que as stavkirke teñen as súas orixes na arte románica, mais esta teoría non é compartida por varios expertos.
Á altura do século XXI, fican en pé 28 stavkirke medievais en Noruega, unha en Suecia e unha máis en Polonia (esta última de orixe norueguesa). Entre as máis coñecidas figuran a igrexa de Borgund, de espectacular deseño e a mellor representante do xénero, e a Igrexa de Urnes, probablemente a máis antiga e un exemplo sobresaínte da arte decorativa nórdica, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Historia thumb|left|150px|A igrexa de Fortun, antes de ser trasladada a Bergen. As stavkirke chegaron a ser populares durante a Idade Media no noroccidente de Europa. Só en Noruega, considérase que existiron unhas dúas mil.Ola Storsletten: «En arv i tre», s.24. O número de stvakirke construídas noutras partes de Europa e en Islandia descoñécese. Anteriormente, críase que as stavkirke foran o primeiro tipo de templos cristiáns construídos en Escandinavia, mais agora sábese da existencia de formas máis antigas, como as chamadas igrexas de postes, se ben as diferenzas entre ambos tipos de templos é bastante pequena. As stavkirke foron consideradas obsoletas desde a Idade Media e substituíronse case en toda a súa totalidade. En Noruega, non foron substituídas tan rapidamente como noutros lugares de Europa, e varias delas chegaron ao século XIX.
Anteriormente, nos países nórdicos, o termo stavkirke incluía a todas as igrexas medievais construídas en madeira, e por ende, na definición incluíronse erroneamente os restos de igrexas de postes e de igrexas en estacada, así como a Igrexa de Greensted, en Inglaterra.
As escavacións arqueolóxicas revelaron que as stavkirke son realmente descendentes de construcións en estacada e das máis recentes igrexas de postes. Coñécense edificios en estacada que datan da era viquinga; estes eran edificios compostos de troncos partidos pola metade co extremo inferior espetado no chan, formando unha parede que se dotaba dun teito. Pese á súa sinxeleza, a construción podía perdurar décadas ou incluso séculos, sobre todo se se construía sobre grava.
Nas igrexas de postes, os muros colocábanse sobre unha soleira, e unicamente os postes esquinados eran cravados na terra.
A seguinte fase partiu da observación da susceptibilidade dos postes esquinados á putrefacción, ao estar en contacto co solo húmido. Para evitar iso, os postes foron colocados sobre grandes pedras, incrementando así o seu tempo de vida.
Nas igrexas máis evolucionadas, os postes poñíanse sobre un marco ríxido de soleiras que descansaba sobre cimentos de pedra. Esta é a stavkirke na súa forma máis madura.
Noruega thumb|200px|A igrexa de Urnes, debuxada por Johan Christian Dahl. Noruega é o país que conserva a inmensa maioría das stavkirke. A maior parte destas foron erixidas entre 1150 e 1350, aproximadamente. Na Idade Media houbo un número aproximado de 1000 stavkirke no país, aínda que segundo outras estimacións, o número podería ascender até 2000 igrexas. A maioría desapareceu entre 1350 e 1650, coincidindo con eventos como a peste negra e a reforma protestante. En 1650 quedaban cerca de 270, cen anos despois 34, até chegar á cifra actual de 28.
O libro De Norske Stavkirker ("As stavkirke norueguesas") de Lorenz Dietrichson de 1892,Dietrichson 1892s.3 é unha das obras fundamentais para o estudo das stavkirke; mais, nel vertíase a crenza que se tiña no país de que as stavkirke eran unha contribución única de Noruega á arte cristiá, teoría que foi desbotada cos numerosos achados arqueolóxicos que proban a súa existencia por todo o norte de Europa.
Lei do Gulating thumb|200px|A Igrexa de Urnes no seu aspecto actual. O Gulating foi unha asemblea que serviu como poder lexislativo e xudicial para o sur e o occidente de Noruega durante a Idade Media. A lei do Gulating foi escrita por primeira vez no século XI, e no capítulo 12 fálase sobre as stavkirke:
Se un particular constrúe unha igrexa, sexa nobre ou campesiño, ou sexa quen sexa quen constrúa a igrexa, debe mantela en pé e evitar que o seu baseamento se arruíne. Pero se a igrexa podrece e os postes esquinados se caen, el terá que levar madeira nun prazo non maior a doce meses; se non fai isto, pagará tres marcos de multa ao bispo e de todos modos levará troncos para levantar a igrexa.tradución ao noruegués de 1952 por K. Robberstad
Nó século XIX, os primeiros en interesarse polas stavkirke de Noruega foron os pintores Johannes Flintoe e J.C. Dahl, quen escribiron sobre elas durante as súas viaxes a través do país. Dahl foi quen tomou a iniciativa de rescatar a igrexa de Vang de ser derribada tras a promulgación da nova lei eclesiástica de 1851, que establecía que as igrexas parroquiais de Noruega debían poder acoller polo menos unha terceira parte da poboación da parroquia. Varias igrexas foron rescatadas pola Sociedade para a Preservación dos Monumentos Antigos. Algunhas foron compradas e permaneceron no seu sitio orixinal; outras foron trasladadas, como a igrexa de Vang, levada á actual Polonia. A igrexa de Gol transportouse até a colección do rei Óscar II en Bygdøy, e actualmente pertence ao Museo Popular de Noruega. A igrexa de Fortun foi levada a Bergen, a de Garmo a Maihaugen, e a de Haltdalen ao Museo Popular de Trøndelag.
Suecia thumb|200px|Igrexa de Hedared, en Suecia. Pouco se sabe das stavkirke medievais de Suecia, a falta de suficientes representantes actuais e de fontes escritas. A Västgötalagen, un manuscrito legal do século XIII, menciona brevemente a constitución dunha stavkirke.
Sábese pouco das stavkirke suecas, xa que só unha delas permanece en pé, a sinxela igrexa de Hedared, construída arredor de 1500 no lugar dunha stavkirke máis antiga. A desaparecida igrexa de Skaga áchase asociada a lendas; construída sobre un lugar de culto pagán, foi demolida en 1826 supostamente para destruír definitivamente as crenzas nórdicas antigas. Outros restos interesantes son os da igrexa de Hemse, en Gotland, que aínda que chamada stavkirke, en realidade trátase dunha igrexa en estacada. Os restos de Santa María a Menor en Lund comprenden rastros de técnicas tanto de estacada como de postes. Só en Escania había preto de 300 igrexas cando Adán de Bremen visitou Dinamarca na primeira metade do século XI, pero descoñécese o número de stavkirke. En anos recentes iniciouse a reconstrución de varias stavkirke suecas, entre as que figura a igrexa de Skaga.
Dinamarca thumb|200px|Reconstrución da igrexa de Hørning, no Museo Moesgård (Aarhus, Dinamarca). En Dinamarca atopáronse restos arqueolóxicos de igrexas de postes en varios lugares, como na igrexa de pedra de Jelling. Aínda se conservan partes dalgunhas stavkirke danesas, por exemplo unha viga cunha cabeza de dragón procedente da igrexa de Nørre Hørning, na península de Xutlandia.
Inglaterra En Inglaterra houbo anteriormente un debate sobre a orixe da igrexa de madeira de Greensted, en Essex. Debatíase se era unha stavkirke ou unha edificación anterior. O consenso xeral terminou por clasificala como saxoa, aínda que con similitudes coas stavkirke. Hai outra igrexa inglesa con certas similitudes coas stavkirke, a igrexa de Santa María, en Kilpeck, Herefordshire, que posúe cabezas de dragóns.
Alemaña Existe unha igrexa de pedra en Alemaña cunha decoración que mostra un dragón similar aos que se ven nalgunhas stavkirke norueguesas, así como nos restos dunha stavkirke de Dinamarca e doutra de Gotland, en Suecia. Levantouse unha controversia sobre se a decoración pode ser atribuída a semellanzas culturais ou se indica métodos de construción similares.
Material de construción A materia prima máis común para a construción das stavkirke foi a madeira de piñeiro (Pinus sylvestris). Para a construción da armazón utilizáronse piñeiros bastante medrados, cos troncos cun diámetro o suficientemente grande e con abundante durame no seu corpo. O durame está impregnado de resina de maneira natural, que evita infeccións por axentes biolóxicos.
Noutros lugares empregáronse outras especies vexetais. En Dinamarca, no norte de Alemaña e en Inglaterra utilizouse principalmente a madeira de carballo, como foi na igrexa sueca de Hedared.
Datación das stavkirke A datación destes edificios pode realizarse de diferentes xeitos, por testemuñas históricas, inscricións, estudos estilísticos dos detalles decorativos, dendrocronoloxía e datación por carbono 14. Nalgúns casos existen rexistros históricos que mencionan a existencia da stavkirke. As investigacións arqueolóxicas poden achegar información para realizar unha datación relativa da estrutura, mentres que os métodos de datación absoluta poden indicar unha data máis exacta. Unha desvantaxe da dendrocronoloxía é que pasa por alto a posibilidade de que a madeira fora reciclada a partir dunha estrutura máis antiga, ou que puideron transcorrer anos desde a data do corte ao uso. A reutilización da madeira e as reparacións son factores de ruído na datación, pois poden existir pezas de madeira moito máis recentes que a data de construción.
Desenvolvemento da técnica A construción das stavkirke ten os seus inicios na técnica en estacada e na técnica de postes. As igrexas construídas con estas técnicas son chamadas a miúdo igrexas de estacada e igrexas de postes, respectivamente. Entre as dúas técnicas hai varias formas intermedias, do mesmo modo que entre estas e a técnica stav.
Na stavverk, os postes (stav) colócanse sobre cimentos de pedra, ou sobre soleiras de madeira. A igrexa máis antiga de Noruega foi levantada coa técnica de postes, pero esta última foi mudada gradualmente pola stavverk. Ambas formas de construción puideron coexistir nun período de transición.
Das tres técnicas mencionadas, as dúas primeiras son máis susceptibles á deterioración debido a que as súas edificacións teñen partes soterradas no solo. Tales edificios teñen un tempo de vida de entre 75 e 150 anos. Só son capaces de sobrevivir por períodos máis longos aquelas construcións de madeira sen contacto directo co chan, como é a stavverk.Christie 1974 s. 12 thumb|80px|Técnica de estacada.
Técnica de estacada