Sir Martin John Evans, nado en Stroud, Inglaterra, o 1 de xaneiro de 1941Sir Martin J. Evans Nobelprize.org, é un xenetista e bioquímico británico, galardoado co Premio Nobel de Medicina o 2007.

Traxectoria

Naceu o 1 de xaneiro de 1941 na localidade de Stroud, poboación situada no condado de Gloucestershire. Estudou Bioquímica na Universidade de Cambridge na que se licenciou en 1963, e en 1969 obtivo o doutoramento na Universidade de Londres. Interesado na docencia, foi profesor de anatomía e embrioloxía na Universidade de Londres entre 1978 e 1980, de xenética na de Cambridge até 1999, e desde entón na Universidade de Cardiff.

Membro da Royal Society de Londres desde o 11 de marzo de 1993, en 2004 foi nomeado Caballeiro da Orde do Imperio Británico co título de Sir.

Carreira científica Especializado en xenética, en 1981 descubriu o estado embrionario das células nai, e igualmente realizou diversas técnicas de modificación xenética en animais, especialmente en ratos.

En 2007 foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, xunto con Mario Capecchi e Oliver Smithies, «polos seus traballos sobre células nai e manipulación xenética en modelos animais»The Award Nobel Prize for Medicine 2007.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Gene targeting Recombinación homóloga Knockout de xenes

Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Embrioloxía Categoría:Médicos de Inglaterra Categoría:Nados en 1941 Categoría:Premios Nobel do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Nados en Gloucestershire Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Bioquímicos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Londres Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge Categoría:Profesores da Universidade de Londres Categoría:Profesores da Universidade de Cardiff