Pasolini é un filme biográfico dirixido por Abel Ferrara sobre os últimos días de vida de Pier Paolo Pasolini, un dos maiores escritores e intelectuais italianos do século XX. Pasolini é interpretado por Willem Dafoe, e Ninetto Davoli -o seu amigo e actor fetiche- é interpretado por Riccardo Scamarcio. O filme foi seleccionado na 71ª Mostra de Venecia, no Festival Internacional de Cine de Donostia e mais no Festival Internacional de Cinema de Toronto. En Italia estreouse o 25 de setembro de 2014, e foi estreada en lingua galega en versión orixinal subtitulada o 27 de marzo de 2015Pasolini, ficha na web de Numax..

Trama

Poeta, escritor, director, guionista, dramaturgo, intelectual e filósofo, Pasolini foi un artista completo, innovador, observador estudoso da sociedade da segunda posguerra italiana. No filme recréanse imaxes da vida real -a súa última entrevista, o coloquio cos seus amigos, de Davoli a Laura Betti- e secuencias oníricas que narran parte da súa novela incompleta Petrolio. Pasolini é o protagonista dun filme fantástico e alegórico, que remata coa súa morte, aínda sen resolver.

O filme inclúe imaxes da película de Pasolini Salò o le 120 giornate di Sodoma.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes dirixidos por Abel Ferrara Categoría:Filmes de 2014 con versión en galego