Os xogos da fame (orixinalmente en ) é un filme estadounidense dirixido por Gary Ross que se estreou no 2012. Baséase na primeira parte da triloxía xuvenil de Suzanne Collins The Hunger Games e é o primeiro filme da serie The Hunger Games. O filme foi producido por Nina Jacobson e Jon Kilik, con guión de Ross, Collins e Billy Ray. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Liam Hemsworth, Woody Harrelson, Elizabeth Banks e Donald Sutherland. O filme estreou a súa versión dobrada ao galego o 8 de decembro de 2015 na TVG.
Sinopse O que no pasado foron os Estados Unidos, agora é unha nación chamada Panem: un fastoso Capitolio exerce un control rigoroso sobre os doce distritos que o rodean e que están illados entre si. Cada distrito está obrigado a enviar anualmente un rapaz e unha rapaza entre os doce e os dezaoito anos para que participen nos Xogos da Fame, que son transmitidos en directo pola televisión. Trátase dunha loita a morte, na que só pode haber un supervivente. Katniss Everdeen, unha moza de dezaseis anos, decide substituír a súa irmá máis nova nos xogos.
Personaxes
Jennifer Lawrence como Katniss Everdeen Voz da dobraxe galega de Ruth Pazo. Josh Hutcherson como Peeta Mellark Voz da dobraxe galega de Daniel Lema. Liam Hemsworth como Gale Hawthorne Woody Harrelson como Haymitch Abernathy Elizabeth Banks como Effie Trinket Lenny Kravitz como Cinna Stanley Tucci como Caesar Flickerman Voz da dobraxe galega de Matías Brea. Donald Sutherland como Presidente Coriolanus Snow Wes Bentley como Seneca Crane Amandla Stenberg como Rue Alexander Ludwig como Cato Isabelle Fuhrman como Clove Jack Quaid como Marvel Leven Rambin como Glimmer Toby Jones como Claudius Templesmith Dayo Okeniyi como Thresh Ian Nelson como Noah Jacqueline Emerson como Foxface Paula Malcomson como Señora Everdeen Willow Shields como Primrose Everdeen
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en Allmovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:The Hunger Games (serie de filmes) Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Gary Ross Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2012 con versión en galego