Lambrusco é o nome tanto dun tipo de uvas como de viño italiano feito principalmente destas uvas. As uvas como o viño son orixinarios de catro zonas da Emilia-Romaña e dunha da Lombardía, principalmente nas provincias de Modena, Parma, Reggio Emilia e Mantua. Posúe unha longa historia, pois hai evidencias arqueolóxicas que testemuñan que os etruscos xa facían este viño.J. Robinson Vines, Grapes & Wines pg 212 Mitchell Beazley 1986 ISBN 1-85732-999-6 Na Roma Antiga, o lambrusco era ben apreciado pola súa produtividade e o seu alto rendemento. Catón deixou escrito que a produción de dous terzos dun acre podían facer tanto viño como para encher 300 ánforas.J. Robinson (ed) "The Oxford Companion to Wine" Third Edition pg 388-389 Oxford University Press 2006 ISBN 0-19-860990-6
A principal característica deste viño é que é un tinto espumoso (frizzante, case cava), existindo 5 rexións de denominazione di origine controllata (DOC): Lambrusco Grasparossa di Castelvetro, Lambrusco di Sorbara, Lambrusco Salamino di Santa Croce, Lambrusco Reggiano e Lambrusco Mantovano. Durante os 1970 e os 1980, o lambrusco foi o viño máis importado nos Estados Unidos de América.M. Ewing-Mulligan & E. McCarthy Italian Wines for Dummies pg 101-103 Hungry Minds 2001 ISBN 0-7645-5355-0 Neses tempo o viño foi tamén producido como branco e rosado controlando a maceración co mosto.
Uva As seis variedades fundamentais de lambrusco son: Lambrusco Grasparossa, Lambrusco Maestri, Lambrusco Marani, Lambrusco Monterrico, Lambrusco Salamino e Lambrusco Sorbara. Todas estas variedades de lambrusco son propias da Emilia ou clons ou subclons. Empárranse a unha certa altitude para evitar a mera. Historicamente as viñas poñíanse para que treparan álamos. A uva non é particularmente doce polo que moitos dos lambruscos doces son feitos ou cunha fermentación parcial ou engadíndolle uvas Ancellottas, máis doces, á mestura. Cando non é unha fermentación doce, estas uvas son capaces de producir un viño seco con tons de amorodo e un sabor lixeiramente amargo.Oz Clarke Encyclopedia of Grapes pg 116 Harcourt Books 2001 ISBN 0-15-100714-4
No final do século XX, os ampelógrafo identificaron sobre 60 variedades de Lambrusco repartidas por toda Italia polo Piemonte, Sicilia e o Véneto. A variedade máis cultivada é o Lambrusco Salamino.
Viño Aínda que o lambrusco tradicional era producido como viño doce, hoxe en día hai varios niveis de dozura / secura, existindo secco, amabile e dolce. O viño lambrusco doce tornouse moi popular nos 1970-1980 nos Estados Unidos. O primeiro lambrusco seco foi introducido nos Estados Unidos en 1995.N. Beckett 1001 Wines You Must Taste Before You Die pg 90 Universe Publishing 2008 ISBN 978-0-7893-1683-7 O viño caracterízase por unha alta acidez e sabor a amorodo. Moitos dos lambruscos agora feitos son unha mestura de uvas que se vende baixo a designación Indicazione Geografica Tipica (IGT) da Emilia.
Este viño é raramente feito en estilo "champaña". É tipicamente feito empregando o proceso de Charmat cunha segunda fermentación feita nun tanque a presión.K. MacNeil The Wine Bible pg 399-400 Workman Publishing 2001 ISBN 1-56305-434-5
Rexións viñateiras Lambrusco Grasparossa di Castelvetro- A rexión viñateira máis pequena, localizada ao sur de Módena. Nel cultívase a Grasparossa que é requirida no 85% do viño desta DOC. O viño desta rexión é tipicamente seco e tinto. Lambrusco Mantovano- A única rexión do Lambrusco fóra de Emilia-Romaña, na rexión da Lombardía. Este tipo é tipicamente seco, aínda que tamén son feitos viños semi-secos.M. Ewing-Mulligan & E. McCarthy Italian Wines for Dummies pg 99 Hungry Minds 2001 ISBN 0-7645-5355-0 Lambrusco Reggiano- A maior rexión produtora de Lambrusco e lugar de onde saen a maioría das exportacións. As catro tipo de uvas lambruco que se poden usar son Maestri, Marani, Montericco e Salamino. Tamén se permite un 15% de uvas Ancellotta nesta DOC. Lambrusco Salamino di Santa Croce- Localizado 11 km ao oeste de Sorbara, os viños desta rexión deben estar compostos de polo menos o 90% da uva Salamino local. Os viños son tipicamente de cor clara e corpo escumoso sendo feito tanto en estilos secos e semidoces. A variedade toma o seu nome do parecido dos acios coa salchicha de salame. Lambrusco di Sorbara- Localizada ao norte de Modena preto da vila de Sorbara, é considerada a variedade de maior calidade producindo os viños máis aromáticos. Ten similitudes co Lambrusco Salamino pero cun corpo máis escuro e consistente. A cor pode variar desde un profundo carmín até un ton purpúreo. Nesta rexión só se permiten a Sorbara e a Salamino para a DOC, que tende a producir os viños máis acedos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Consortium for the Historic Mark of Modenese Lambrusco Eric Asimov "Lambrusco, No Joke" New York Times, 26 de xullo de 2006 Emilia-Romagna map with details on Lambrusco wine
Categoría:Viños de Italia Categoría:Emilia-Romaña Categoría:Variedades viníferas