DS-U2-GKA foi o nome dun modelo de satélites artificiais francosoviético adicado a facer estudos da magnetosfera terrestre, incluíndo a observación de auroras polares e outros fenómenos da atmosfera superior.

En total lanzáronse dous satélites da serie DS-U2-GKA: o Oreol 1 (tamén coñecido como Aureole 1 e Arkad 1) o 27 de decembro de 1971, e o Oreol 2 (tamén coñecido como Aureole 2 e Arkad 2) o 26 de decembro de 1973. Ámbolos dous satélites foron lanzados desde o cosmódromo de Plesetsk con éxito mediante foguetes Kosmos 3M.

Historial de lanzamentos Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas 27 de decembro de 1971, 19:00 GMT Cosmódromo de Plesetsk Oreol 1 Éxito Primeiro voo dun DS-U2-GKA. 13 de xuño de 1970, 4:59 GMT Cosmódromo de Plesetsk Oreol 2 Éxito Último voo dun DS-U2-GKA.

Notas

Categoría:DS-U2-GKA