O termo Ediacara pode referirse a:
Ediacara, sistema montañoso formado por montañas de escasa altitude situadas no N do estado de Australia Meridional (Australia), tamén coñecido por outeiros de Ediacara (en inglés, Ediacara Hills). Fauna de Ediacara, ou biota de Ediacara, conxunto de organismos fósiles achados no sitio paleontolóxico situado nesas montañas, coñecido como sitio paleontolóxico de Ediacara. Período de Ediacara ou, máis propiamente, período ediacárico, espazo de tempo que corresponde á época na que viviron os fósiles anteditos, último da era neoproterozoica, que comezou hai uns 635 millóns de anos. Sitio paleontolóxico de Ediacara, nome do sitio paleontolóxico no que se acharon os anteditos fósiles.