Oreol 2, tamén denominado Aureole 2 e Arkad 2, foi un satélite artificial francosoviético lanzado o 26 de decembro de 1973 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Oreol 2 foi o segundo membro do modelo de satélites DS-U2-GKA. Estaba adicado a facer observacións da magnetosfera terrestre, así como das auroras polares e outros fenónemos da atmosfera superior no marco do programa Arkad de colaboración entre Francia e a Unión Soviética. O programa Arkad tiña como finalidade continuar as observacións aurorais, magnetosféricas e ionosféricas feitas polos satélites Kosmos 261 e Kosmos 348 (satélites de clase DS-U2-GK). A nivel de terra colaboraron Bulgaria, Hungría, a República Democrática Alemá, Polonia, Romanía e Checoslovaquia mediante observacións nos momentos do paso do satélite.
Foi inxectado nunha órbita inicial de 1441 km de apoxeo e 387 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74 graos e un período de 103,3 minutos.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos DS-U2-GKA Oreol 1
Categoría:DS-U2-GKA