Henri Marie La Fontaine, nado en Bruxelas o 22 de abril de 1854 e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1943Henri La Fontaine Nobelprize.org, foi profesor de Dereito internacional e senador belga. Foi un dos pioneiros no eido das ciencias da documentación.
Traxectoria Estudou leis na Universidade Libre de Bruxelas. Pronto alcanzou unha gran reputación como autoridade en dereito internacional. En 1893 chegou a ser profesor de dereito internacional na Universidade Nova de Bruxelas e dous anos despois foi elixido para o Senado belga a través do Partido Social-Demócrata. Foi vicepresidente do Senado entre 1919 e 1932.
En 1913 foi laureado co premio Nobel da Paz polos seus esforzos en fomentar as boas relacións entre Francia e Alemaña, a través da mediación belga, e polo intenso labor pacifista que viña desenvolvendo desde 1882.
Notas
Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados en Bruxelas Categoría:Finados en 1943 Categoría:Premios Nobel de Bélxica Categoría:Bibliógrafos