Sunshine é un filme británico de ciencia ficción dirixido por Danny Boyle que se estreou no 2007.

Sinopse Nun prazo de cinco anos, o Sol apagarase, e con el extinguirase a raza humana. A última esperanza dos homes é o Icarus II, unha nave espacial tripulada por seis homes e dúas mulleres, cuxa misión consiste en levar unha xigantesca carga explosiva que insuflaría nova vida á estrela e permitiríalle volver brillar, salvándose así a poboación da Terra. O problema é que a nave Icarus I xa tentara levar a cabo a mesma misión sete anos antes e fracasou por razóns descoñecidas.

Personaxes Cillian Murphy como Robert Capa, o físico que manexa o dispositivo da bomba estelar. Chris Evans como Mace, o enxeñeiro. Rose Byrne como Cassie, a piloto da nave espacial. Michelle Yeoh como Corazon, a bióloga que coida do xardín de osíxeno da nave. Cliff Curtis como Searle, o doutor e psicólogo da nave. Troy Garity como Harvey, o oficial de comunicacións e segundo ó mando. Hiroyuki Sanada como Kaneda, o capitán da nave. Benedict Wong como Trey, o explorador. Chipo Chung como a voz de Icarus, o ordenador de abordo do Icarus II posúe unha interface de comunicación cunha linguaxe natural, podendo contestar a preguntas, recibir ordes e actualizacións de estado e avisos verbalmente, como se estivesen falando cun ser humano. Mark Strong como Pinbacker. O capitán tolo do Icarus I, a primeira nave que foi enviada a reiniciar o Sol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Danny Boyle Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes ambientados en Sydney Categoría:Filmes sobre relixión Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2057