220px|miniatura|Pinturas de bóvidos e équidos na cova de Lascaux, Francia. miniatura|220px|Aristóteles,A filosofía de Aristóteles, discípulo de Platón e con influencias de Parménides, Sócrates, Heráclito e Demócrito, tivo unha enorme influencia no pensamento occidental, especialmente despois do seu descubrimento no século XII; grandes pensadores influídos por el foron, entre outros, Avicena, Averroes, Maimónides, Alberte o Magno, Tomé de Aquino, Tolomeo , Copérnico e Galileo. considerado o fundador da zooloxía precientífica. miniatura|220px|Cuvier, un dos fundadores da moderna ciencia zoolóxica.
A historia da zooloxía trata do estudo dos progresos que, sobre o coñecemento dos animais, foron acadados polos homes no curso dos tempos, desde a máis remota antigüidade até o presente.
Aínda que o concepto de zooloxía como un único campo coherente xurdiu hai poucos séculos, a ciencia zoolóxica foi nacendo da historia natural e, dado que a zooloxía é unha das ciencias naturais, indubidabelmente a súa historia está intimamente ligada á propia historia da ciencia.
A zooloxía comeza a tomar corpo na antigüidade grecorromana, coas obras de Aristóteles e Galeno, progresando lentamente na escura Idade Media polo traballo dos médicos musulmáns e de eruditos como Alberte o Magno.
Durante o Renacemento e a Idade Moderna, o pensamento zoolóxico foi revolucionado en Europa por un renovado interese no empirismo e polo descubrimento de moitos animais descoñecidos procedentes do Novo Mundo. Destacados personaxes neste movemento foron, entre outros, Vesalio e William Harvey, que utilizaron a experimentación e a observación coidadosa na fisioloxía. Máis tarde, naturalistas como Linneo, Buffon e Cuvier, comenzaron a clasificar a diversidade da vida e o rexistro fósil, así como o desenvolvemento e o comportamento dos organismos.
Nos séculos XVIII e XIX a zooloxía converteuse nunha disciplina científica cada vez máis profesionalizada. Naturalistas exploradores como Alexander von Humboldt investigaron a interacción entre os organismos e o seu medio ambiente e a forma en que esta relación depende da xeografía, sentando as bases da bioxeografía, a ecoloxía e a etoloxía. Moitos naturalistas comezaron a considerar a importancia da extinción e a mutabilidade das especies. A microscopia revelou un mundo previamente descoñecido, sentando as bases para a teoría celular, que proporciona unha nova perspectiva na base fundamental da vida.
Estes acontecementos, así como os resultados da embrioloxía e la paleontoloxía, sintetizáronse na teoría da evolución por selección natural de Charles Darwin
Prehistoria
A actividade científica comezou nun pasado moi remoto, moito antes da aparición dos primeiros documentos escritos, é dicir, na prehistoria. Moi probabelmente, a ciencia desenvolveuse a partir das primitivas prácticas de maxia tribal. Tamén, probabelmente, tiveron a mesma orixe tanto a relixión coma a arte, de tal xeito que ciencia, relixión e arte se nos presentan como irmás cun obxectivo común: entender e interpretar o universo no seu conxunto, aínda que por métodos totalmente diferentes.
Durante moito tempo, a maxia foi o punto de unión da sociedade, a institución na que se depositaba a sabedoría e a experiencia acumulada até o momento. A técnica precedeu á ciencia nos primeiros tempos da humanidade. Apoiándose en observacións empíricas, o home desenvolve as súas ferramentas (traballa os ósos, a pedra), e descobre o uso do lume no Paleolítico inferior. A maior parte dos prehistoriadores concordan en pensar que o lume empezou a utilizarse desde hai anos ou anos.
Durante este período, admítese xeralmente que a explicación máxica dos fenómenos era a regra. Porén, para numerosos paleontólogos e prehistoriadores como Jean Clottes, as pinturas rupestres mostran que o home daquela época posuía as mesmas facultades cognitivas que o home moderno.Na súa obra Les Chamanes de la Préhistoire, Jean Clottes e David Lewis-Williams (profesor de arqueoloxía cognitiva) desenvolven a tese segundo a cal o home prehistórico posuía as mesmas facultades cognitivas que o home moderno.
Por tanto, o home iniciou a zooloxía xa na prehistoria: a medida que ía entrando en contacto cos seres vivos (en especial, os animais) foinos coñecendo e utilizando de acordo coas súas necesidades. Os primeiros humanos deberon ter e transmitir coñecementos sobre animais para aumentaren as súas posibilidades de supervivencia, o que podería incluír aspectos do comportamento dos animais (como os patróns de migración) e coñecementos da anatomía humana e animal.
A calidade dos coñecementos que tiña acerca da natureza reflíctese nas pinturas rupestres deixadas en cavernas polo Homo sapiens sapiens (ou home de Cro-Magnon) datadas contra 28.000 a.C. en Europa, especialmente en España, representando animais de maneira estilizada.
O primeiro punto de inflexión importante no coñecemento zoolóxico chegou coa revolución neolítica hai uns 10.000 anos.
Os seres humanos domesticaron animais para acompañaren ás sociedades sedentarias resultantes desta revolución (cans, porcos, ovellas, cabras, galiñas e outros animais) en Europa, norte de África e o Oriente Medio,Charles A. Reed. "Animal Domestication in the Prehistoric Near East: The origins and history of domestication are beginning to emerge from archeological excavations." Science, 130 nº 3389 (11 de decembro de 1959), pp. 1629–1639.
Á domesticación dos animais seguiría un coñecemento aínda máis adecuado dos fenómenos da natureza.Magner, Lois N. (2002): A History of Life Sciencies. New Tork: Marcel Dekker, Inc. ISBN 0-8247-4360-1, pp. 3-4. As prácticas médicas rudimentarias involucraban certa clase de coñecementos sobre a anatomía humana, así como dos animais que se utilizaban na alimentación e para o traballo, que lle deron aos homes certos coñecementos superficiais das súas estruturas.
Idade Antiga
Oriente Medio e Extremo Oriente
As escolas de medicina da antigüidade realizaban diseccións de animais con fins de comparación anatómica e adestramento cirúrxico. En Babilonia, os sacerdotes coñecían algo acerca da anatomía animal (particularmente dos que sacrificaban) e de medicina; porén, esta última estaba intimamente ligada coa astroloxía. A medicina do antigo Exipto era máis práctica.
Os exipcios e os asirios realizaron observacións sobre vermes parasitos do home. Os antigos xudeus contribuíron cos seus coñecementos ás concepcións modernas de hixiene.
No Extremo Oriente o coñecemento da natureza e da medicina non estaba tan avanzado como noutros aspectos da cultura.
Antigüidade clásica
Grecia
Hipócrates (460–377 a.C.) está considerado como unha das figuras máis destacadas da historia da medicina e moitos autores refírense a el como o "pai da medicina moderna",Useful known and unknown views of the father of modern medicine, Hippocrates and his teacher Democritus., U.S. National Library of MedicineHippocrates , Microsoft Encarta Online Enciclopedia 2006. Microsoft Corporation. en recoñecemento ás súas importantes e duradeiras achegas a esta ciencia. A súa escola intelectual revolucionou a medicina da Antiga Grecia, establecéndoa como unha disciplina separada doutros campos cos cales se asociaba tradicionalmente (notabelmente a teoloxía e a filosofía), convertendo o exercicio da medicina nunha auténtica profesión.Garrison, Fielding H. (1966): History of Medicine. Filadelfia: W.B. Saunders Company, pp. 92–93.Nuland, Sherwin B. (1988): Doctors. Knopf Doubleday Publishing Group. ISBN 0-394-55130-3, p. 5.. Tamén é famoso por asociar a ética coa profesión médica (xuramento hipocrático). Aristóteles (384–322 a.C.) está considerado como o pai da zooloxía. Educador de Alexandre o Grande, sabio e filósofo, atribúeselle a clasificación dos animais en dous grupos: animais con sangue (enaima) e animais sen sangue (anaima) (aproximadamente, os vertebrados e invertebrados, respectivamente). No campo da zooloxía as súas obras máis importantes foron Historia dos animais, unha bioloxía xeral dos animais; Sobre as partes dos animais, unha anatomía e fisioloxía comparadas, e Sobre a xeración dos animais, un tratado sobre a bioloxía do desenvolvemento.
A tradición grega continuou, na época romana, ao redor do Museo de Alexandría até ao redor do ano 30 a.C., pero declinou baixo a dominación do Imperio romano.
Roma
Durante o Imperio romano producíronse só achegas rutineiras que incorporaban novos animais ao esquema aristotélico, existindo un baleiro case absoluto en canto ás posíbeis modificacións do mesmo.
Plinio o Vello (23-79) foi un naturalista romano que dedicou catro libros (VIII, IX, X e XI) aos animais da súa Naturalis Historia (A historia natural), obra enciclopédica en 37 volumes escritos en lingua latina. Nos catro libros sobre animais estuda, sucesivamente, os animais terrestres, os "peixes" (é dicir, os animais mariños —todos— e os peixes de río), as aves e os insectos. Galeno (130–200) foi o primeiro gran filósofo que empregou o método experimental nos seus estudos. Realizou unha clasificación de ósos e articulacións que se perdura até o día de hoxe. Pasou boa parte da súa vida na corte imperial, levando a cabo experimentos e escribindo. Fixo viviseccións de moitos animais co fin de estudar a función dos riles e a medula espiñal. Segundo as súas propias testemuñas, utilizou a 20 amanuenses para que anotaran as súas palabras. No ano 191 un incendio destruíu algunhas das súas obras.
O estudo dos animais na época romana é máis ben descritivo e impreciso, admitindo toda unha serie de seres fabulosos (sereas, grifóns, dragóns, unicornios) etc., que foron a base dos bestiarios medievais. Isto deu lugar a que moitas persoas creran que estes animais existían, o que se agudizou durante os séculos escuros da alta Idade Media, nos que se inventaron aínda máis lendas fabulosas.
Idade Media
A Idade Media non representou ningún avance no coñecemento zoolóxico. Desde a morte de Galeno até o denominado renacemento do século XII, recompiláronse os traballos de gregos e romanos. A maior parte dos autores interesados na vida animal son tributarios de Isidoro de Sevilla (ca. 560-636), que reuniu, a comezos do século VII, nas súas Etimoloxías (ou Origines) gran parte dos coñecementos, pero tamén dos mitos, transmitidos por Plinio na súa Historia natural.
No século XII prodúcese o redescubrimento de Aristóteles e dos seus tratados consagrados aos animais, especialmente grazas aos comentarios do filósofo árabe Averroes (1126-1198). Isto sería o punto de partida dun renacemento do interese polo mundo animal. Cómpre ter presente que durante a última parte deste período, os principais centros de cultura estiveron no islam. Os científicos árabes conservaran e interpretaran o máis notábel da antiga ciencia grega, transmitindo estes coñecementos á Europa cristiá. A obra zoolóxica máis notábel procede da España musulmá, data do século X e débese a Maslama al-Mayriti, o Tratado da xeración dos animais.
No século XIII, a figuras máis importantes no campo da zooloxía foron:
Frederico II (1194-1250), emperador do Sacro Imperio, que redactou un manual de cetrería e de ornitoloxía ilustradp, o De arte venandi cum avibus (Sobre a arte de cazar con aves), no que describe máis de 900 especies de aves, e consigna moi precisas observacións sobre o comportamento das aves moi avanzadas para o seu tempo, non dubidado en criticar a Aristóteles ao que censura polo feito de ter un coñecemento das aves só teórico. Alberte o Magno (ca. 1200-1280), autor dun vasto tratado, De animalibus (Sobre os animais), dedicado non só á fauna, senón tamén á flora e aos minerais. Entre outras cousas, sinalou as diferenzas entre insectos e arácnidos, e contribuíu a eliminar os aspectos fantásticos, mitolóxicos e simbólicos que se introduciran nos séculos anteriores.