Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni, coñecido xeralmente como Michelangelo ou Miguel Anxo, nado o 6 de marzo de 1475 en Caprese Michelangelo (a Toscana), e finado o 18 de febreiro de 1564 en Roma, foi un escultor, arquitecto, pintor e poeta do Renacemento italiano, considerado un dos máis grandes artistas da historia da arte de Occidente, tanto polas súas esculturas coma polas súas pinturas e a súa obra arquitectónica.
Desenvolveu o seu labor artístico ao longo de máis de setenta anos entre Florencia e Roma, que era onde vivían os seus grandes mecenas, a familia Medici de Florencia, e os diferentes papas romanos.
Foi o primeiro artista occidental do que se publicaron dúas biografías en vida: Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, de Giorgio Vasari, publicada en 1550, onde foi o único artista vivo incluído,Michelangelo (2008). Encyclopædia Britannica. Ultimate Reference Suite. e a Vita de Michelangelo Buonarroti, escrita en 1553 por Ascanio Condivi, pintor e discípulo de Michelangelo, que recolle os datos facilitados polo mesmo Buonarroti. Foi moi admirado polos seus contemporáneos, que o chamaban "o Divino".
O historiador florentino Benedetto Varchi (1503-1565) envioulle unha carta o 12 de febreiro de 1560, no nome de todos os florentinos, dicíndolle:
Triunfou en todas as artes nas que traballou, caracterizándose polo seu perfeccionismo.Se atopaba o máis pequeno defecto nalgunha das súas obras, consideraba que era un desastre; cf. Dr. Stanley, B.M.; Dr. Shek, R. (2006). California Social Studies - World History: Medieval to Early Modern Estafes. Holt, Rinehart & Winston. A escultura, segundo declarara, era a súa arte predilecta e a primeira á que se dedicou. Entre as súas moitas esculturas cóntanse a Piedade e o David, tamén elas sublimes obras mestras, e maila Virxe, o Baco, o Moisés, a Raquel, a Lea, e estatuas de membros da familia Medici.
A continuación, a pintura, case como unha imposición por parte do papa Xulio II, e que se concretou nunha obra excepcional e magnífica: os frescos da bóveda da capela Sistina, un dos traballos máis extraordinarios de toda a arte occidental; e tamén polo Xuízo final, e o A crucifixión de San Pedro e a Conversión de San Paulo na capela Paulina do Vaticano.
Xa nos seus últimos anos dedicouse a diversos proxectos arquitectónicos entre os que destaca a continuación dos traballos da Basílica de San Pedro do Vaticano e foi el quen concibiu a súa maxestosa cúpula.
Traxectoria Familia miniatura|350px|Vista de Florencia, segundo un gravado do Liber chronicarum (1493), nos primeiros anos de Michelangelo. esquerda|miniatura|Copia do documento de nacemento e bautismo de Michelangelo Buonarroti en Caprese. O orixinal consérvase no Arquivo da Casa Buonarroti de Florencia.|260x260px Michelangelo di Lodovico Buonarroti Simoni naceu o 6 de marzo de 1475, en Caprese, hoxe Caprese Michelangelo, no estado de Toscana na Italia. Foi o segundo de cinco fillos varóns de Ludovico di Leonardo Buonarroti di Simone e de Francesca di Neri del Miniato di Siena. A súa nai finou en 1481 cando Michelangelo tan só contaba con seis anos. A familia Buonarroti Simone vivía en Florencia desde había máis de trescentos anos e pertencera ao partido dos güelfos; moitos dos seus membros ocuparan cargos públicos. A decadencia económica empezou co avó do artista, e seu pai, que fracasara no intento de manter a posición social da familia, vivía de traballos gobernamentais ocasionais, como o de corrixidor de Caprese na época en que naceu Michelangelo. A familia regresou a Florencia, onde vivía dunhas pequenas rendas procedentes dunha canteira de mármore e unha pequena leira que tiñan en Settignano, pobo onde Michelangelo vivira durante a longa enfermidade e morte da súa nai, e alí quedou ao coidado da familia dun canteiro.
O pai fíxolle estudar gramática en Florencia co mestre Francesco da Urbino. Mais Michelangelo quería ser artista, e cando lle comunicou ao seu pai que desexaba seguir o camiño da arte, tiveron moitas discusións, xa que naquela época era un oficio pouco recoñecido. Ludovico di Leonardo consideraba que aquel traballo non era digno do prestixio da súa liñaxe. Grazas á súa firme decisión, e malia a súa mocidade, conseguiu convencelo para que lle deixase seguir a súa grande inclinación artística, que, segundo Michelangelo, víñalle xa da nutriz que tivera, a muller do canteiro. Dela comentaba: «Xuntamente co leite da miña nutriz, mamei tamén as escarpas e os martelos cos que despois esculpín as miñas figuras».
Mantivo boas relacións familiares ao longo de toda a súa vida. Cando o seu irmán máis vello Leonardo se fixo monxe dominico en Pisa, asumiu a responsabilidade na dirección da familia. Tivo ao seu cargo o coidado do patrimonio dos Buonarroti e ampliouno coa compra de casas e terreos, así como tamén concertou o matrimonio dos seus sobriños Francesca e Leonardo con boas familias de Florencia.
Aprendizaxe
miniatura|Retrato de Michelangelo, por Daniele da Volterra, onde se aprecia o seu nariz chato. miniatura|Retrato de Michelangelo Buonarroti, por Giulio Bonasone, 1546. Desde moi novo manifestou as súas dotes artísticas para a escultura, a disciplina na que empezou a sobresaír. Contra a vontade do seu pai, e grazas ao consello de Francesco Granacci, outro mozo que se dedicaba á pintura, Michelangelo escolleu ser aprendiz dos famosos Ghirlandaio (Domenico e Davide) por tres anos, comezando en abril de 1488 con tan só 12 anos de idade, e deste xeito a súa familia e os Ghirlandaio formalizaron un contrato de estudos durante tres anos:Giorgio Vasari, a Le Vite de' più eccellenti pittori, scultori, ed architettori italiani, da Cimabue insino a' tempi nostri: descritte in lingua Toscana, da Giorgio Vasari pittore aretino, Firenze 1550, afírmao contradicindo a Condivi en Vita di Michelangelo Buonarroti raccolta per Ascanio Condivi da La Ripa Transone, Roma 1553. A permanencia de Michelangelo no taller dos Ghirlandaio estivo bastante debatida malia a súa pouca transcendencia artística, aínda que non biográfica.
Alí permaneceu como aprendiz durante un ano, pasado o cal, e xa baixo a tutela de Bertoldo di Giovanni, empezou a frecuentar o xardín de San Marcos, propiedade dos Medici, onde estudou as esculturas antigas que había alí reunidas. As súas primeiras obras artísticas espertaron a admiración de Lourenzo o Magnífico, que o acolleu no seu pazo da Vía Longa, onde Michelangelo había atopar a Angelo Poliziano e outros humanistas do círculo dos Medici, como Giovanni Pico della Mirandola e Marsilio Ficino. Durante esta estadía Michelangelo sería influenciado por moitas persoas prominentes que modificarían e expandirían as súas ideas da arte, así coma os seus sentimentos sobre a sexualidade. Estas relacións puxérono en contacto coas teorías idealistas de Platón, ideas que acabaron converténdose nun dos alicerces fundamentais da súa vida e que plasmou tanto nas súas obras plásticas coma na súa produción poética.
Segundo Giorgio Vasari, un día, saíndo do xardín dos Medici –ou, segundo Benvenuto Cellini, da capela Brancacci, onde el e outros alumnos aprendían a debuxar diante dos frescos de Masaccio–, foi cando Pietro Torrigiano lle deu unha puñada e lle rompeu o nariz; como consecuencia, quedoulle o nariz chato toda a vida, tal como se aprecia claramente en todos os seus retratos.Esta agresión fixo que desterraran a Torrigiano, que percorreu diversos lugares ata chegar a España, onde morreu en Sevilla no ano 1528.
Durante este período Michelangelo creou dous relevos, A batalla dos centauros e a Madonna das pegadas.
Percorrido artístico miniatura|esquerda|Retrato de Lourenzo o Magnífico, primeiro mecenas de Michelangelo, por Giorgio Vasari.
Despois da morte de Lourenzo en 1492, Piero de Medici, fillo máis vello de Lourenzo e novo xefe da familia Medici, rexeitou apoiar o traballo artístico de Michelangelo, e tamén nesa época as ideas de Savonarola, partidario da destrución da arte pagá ou non-sacra, tornáronse populares en Florencia. Baixo esas presións, Michelangelo decidiu saír da cidade e marchou para Boloña, pasando por Venecia onde ficaría uns tres anos. Alí esculpiu diversas obras baixo a influencia do labor de Jacopo della Quercia. Despois, en 1496, o cardeal San Giorgio comprou a obra de Michelangelo en mármore Cupido e decidiu chamalo a Roma, cidade que o había de ver triunfar. Alí iniciou unha década de grande intensidade artística, logo da cal, con trinta anos, foi acreditado como un artista de primeira liña. Influenciado pola antigüidade de Roma, esculpiu o Baco do Museo Nacional do Bargello (1496), a Piedade do Vaticano aos vinte e tres anos, e posteriormente o Tondo Pitti. Da mesma época é o cartón da Batalla de Cascina, actualmente perdido, pintado para o Palazzo della Signoria, sede do goberno de Florencia, e o David, obra cume da escultura segundo a maioría dos historiadores, dunha gran complexidade pola escasa anchura da peza de mármore, que foi colocado na Praza da Signoria de Florencia e converteuse na expresión dos supremos ideais cívicos do Renacemento. miniatura|esquerda|O papa Xulio II, o outro gran mecenas de Michelangelo, por Rafael. Michelangelo foi convocado novamente a Roma en 1503 polo recentemente designado papa Xulio II, quen lle encargou en 1505 a construción da súa tumba papal. Michelangelo proxectou un complexo arquitectónico e escultórico monumental no cal, máis que o prestixio do pontífice, lóubase o triunfo da Igrexa. O escultor, entusiasmado con esta obra, desprazouse a Carrara onde permaneceu durante oito meses para ocuparse persoalmente da elección e a dirección da extracción dos mármores necesarios para esculpir as figuras do mausoleo. Desgraciadamente, cando regresou a Roma, o papa deixara a un lado o proxecto do mausoleo, absorbido como estaba pola reforma de Bramante na basílica de San Pedro. Michelangelo, contrariado, abandonou Roma e dirixiuse a Florencia, pero a finais de novembro de 1506, logo de numerosas chamadas do pontífice, que chegou a ameazalo coa excomuñón, reuniuse con el en Boloña. En maio de 1508 aceptou dirixir a decoración da bóveda da capela Sistina, cuxos frescos concluíu catro anos máis tarde, logo dun traballo solitario e tenaz. Nesta obra ideou unha grandiosa estrutura arquitectónica pintada, inspirada na forma real da bóveda. No tema bíblico xeral da obra, Michelangelo introduciu unha interpretación neoplatónica do Xénese e deu forma a un tipo de interpretación das imaxes que conseguiría ser un símbolo da arte do Renacemento.
Logo da morte de Xulio II, en maio de 1513, o artista tentou seguir coa obra do mausoleo do pontífice, e con este propósito esculpiu as dúas figuras dos Escravos e o Moisés, que reflicten unha atormentada enerxía, a terribilitá de Michelangelo; pero este segundo intento tampouco prosperou.
Finalmente, logo da morte de Bramante (1514) e de Rafael Sanzio (1520), Michelangelo conseguiu a total confianza do papado.
En 1516 o papa León X, sucesor de Xulio II, un Medici, comisionou a Michelangelo para reconstruír o interior da basílica de San Lourenzo, en Florencia, e adornala con esculturas, traballo que no ano 1520 debeu abandonar con grande amargura. (O exterior da igrexa aínda hoxe non está adornado). Do proxecto orixinal consérvanse numerosos debuxos e unha maqueta de madeira. A partir de 1520 e ata 1530, Michelangelo traballou en Florencia e construíu a Sancristía Nova da Basílica de San Lourenzo e a Biblioteca Laurenciana, en especial a súa escaleira.