Matthew Paul Miller, nado en West Chester (Pensilvania) o 30 de xuño de 1979, é un músico americano, máis coñecido polo seu nome hebreo e tamén artístico Matisyahu. Ten aparecido na radio, na televisión e no cine, sendo destacable a súa actuación no filme The Possession.

Coñecido por mesturar temas xudeus con reggae, rock e sons de hip hop e beatboxing, sacou o seu primeiro sinxelo no 2005, chamado "King Without a Crown", que estivo no Top 40 nos Estados Unidos. Dende o 2004, lanzou tres álbums de estudio, dous álbums ó vivo, dous CDs de remix e dous DVD das súas actuacións en concertos. Ó longo da súa carreira, Matisyahu traballou con Bill Laswell e cos produtores de reggae Sly & Robbie.

Membros do seu grupo Matisyahu (Matthew Paul Miller): voz, beatbox Aaron Dugan: guitarra eléctrica. Jonah David – Batería Josh Werner – Baixo, Teclados

Novos Integrantes: Joe Tomino - Batería Stu Brooks - Baixo D.P. Holmes - Guitarra

Discografía Shake off the dust... arise (JDub Records, 2004) Live at Stubb’s (JDub Records e Epic Records, 2005) Youth (JDub Records e Epic Records, 2006) Youth dub (Sony, 2006) No place to be (Epic Records, 2006) Shattered EP (Epic Records, 2008) Light (Epic Records, 2009) Miracle EP (Epic Records, 2011) Spark seeker (2012)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Chester, Pensilvania Categoría:Nados en 1979