Milton Teagle "Richard" Simmons, nado en Nova Orleáns o 12 de xullo de 1948 e finado nos Ánxeles o 13 de xullo de 2024, foi un instrutor de fitness, actor e produtor de vídeos estadounidense. Foi coñecido polos seus programas de perda de peso, sendo a máis importante a liña Sweatin' to the Oldies de vídeos de aeróbic.

Simmons comezou a súa carreira no sector da perda de peso cando abriu o seu ximnasio Slimmons en Beverly Hills, California, atendendo persoas con sobrepeso, e fíxose amplamente coñecido polas súas aparicións en televisión e pola popularidade dos seus produtos de consumo. Foi parodiado a miúdo e foi convidado adoito en programas de radio e televisión nocturnos como Late Show with David Letterman e The Howard Stern Show. Continuou promovendo a saúde e o exercicio ó longo dunha carreira de décadas e logo ampliou as súas actividades para incluír o activismo político, como no ano 2008, cando amosou o seu apoio dun proxecto de lei que obrigaba á educación física non competitiva nas escolas públicas como parte do programa No Child Left Behind Act.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana