A Liga Verde (en finés Vihreä liitto e en sueco Gröna Förbundet) é un partido ecoloxista finés fundado o 28 de febreiro de 1987 e pertencente ao Partido Verde Europeo. A súa líder é Sofia Virta.
Historia miniatura|right|200px|Posto de Vihreä liitto en Helsinqui. Aínda que se presentou por primeira vez ás eleccións en 1983, como tal non se constituíu ata 1987 como movemento popular que reunía a sectores tamén procedentes do feminismo e do movemento antinuclear. Nas 1987 obtivo 4 representantes, que nos seguintes comicios aumentarían ata os 10. Nas eleccións europeas de 2004 obtiveron 2 eurodeputados e nas lexislativas de 2007 chegaron ata os 15 deputados (a mellor marca na historia da formación).
Tralas eleccións ao parlamento finés de 2011, a Liga Verde situouse como a 6ª forza política de Finlandia con 10 deputados e o 7,3% dos votos (212.837), aínda que os seus resultados foron peores que nos comicios anteriores, nos que conseguiran 15 escanos e o 8,46% dos votos (234.429).
Resultados electorais
Eleccións parlamentarias
Dende que a Liga Verde conseguiu os seus primeiros dous deputados no Parlamento de Finlandia (os dous independentes) en 1983, a formación ecoloxista conseguiu mellorar sempre os seus resultados agás en 1995 e 2011, sendo nesta última cita electoral onde se produciu o maior retroceso da formación, perdendo 5 escanos e ao redor de 20.000 votos.
Ano Deputados Votos % de votos 1983 2 43 754 1,47% 1987 4 115 988 4,03% 1991 10 185 894 6,82% 1995 9 181 198 6,52% 1999 11 194 846 7,27% 2003 14 223 846 8,01% 2007 15 233 930 8,5% 2011 10 213 172 7,25%
Eleccións municipais miniatura|Resultados da Liga Verde nas eleccións municipais de 2008. 0 % 0–2 % 2–4 % 4–6 % 6–8 % 8–10 % 10–12 % 12–14 % >14– % Ano Concelleiros Votos % de votos 1984 101 76 441 2,8% 1988 94 61 581 2,34% 1992 343 184 787 6,9% 1996 292 149 334 6,3% 2000 338 171 707 7,7% 2004 314 175 933 7,4% 2008 370 228 227 8,9%
Eleccións presidenciais Heidi Hautala foi candidata nas eleccións presidenciais de 2000 e 2006, conseguindo nas dúas ocasións aproximadamente un 3,5% dos votos. Pekka Haavisto foi o candidato nas eleccións de 2012, conseguindo pasar á segunda volta, mais perdeu contra o candidato do Partido de Coalición Nacional Sauli Niinistö.
Eleccións ao Parlamento Europeo Finlandia entrou na Unión Europea en 1995 xunto a Austria e Suecia, durante a Cuarta Lexislatura do Parlamento Europeo (1994-1999), asignándolle 16 eurodeputados en 1996 e 1999, 14 en 2004, e 13 en 2009. Dende as primeiras eleccións en 1996, a Liga Verde ten logrado sempre 1 o 2 escanos en tódolos comicios celebrados. Destacan as figuras de Heidi Hautala, que foi eurodeputada en 3 lexislaturas, e que o foi tamén de 2009 a 2011, ata ser nomeada ministra de desenvolvemento. Tarja Cronberg ocupa o posto de Hautala dende aquela. Ademais a exministra Satu Hassi, é actualmente eurodeputada.
Este partido forma parte do Partido Verde Europeo dende a súa fundación en 2004 (o partido ecoloxista de ámbito europeo), que se encontra integrado á súa vez no grupo parlamentario Alianza Libre Europea - Os Verdes Europeos no Parlamento Europeo desde 1999.
Ano Deputados Votos % de votos Eurodeputados 1996 1 170 670 7,6% Heidi Hautala 1999 2 166 786 13,4% Heidi Hautala y a partir de 2003: Uma Aaltonen, Matti Wuori 2004 1 172 786 10,4% Satu Hassi 2009 2 206 439 12.4% Heidi Hautala, Satu Hassi
Presidentes do partido
Kalle Könkkölä 1987 Heidi Hautala 1987-1991 Pekka Sauri 1991-1993 Pekka Haavisto 1993-1995 Tuija Brax 1995-1997 Satu Hassi 1997-2001 Osmo Soininvaara 2001-2005 Tarja Cronberg 2005-2007 Anni Sinnemäki 2009-2011 Ville Niinistö 2011-2017 Touko Aalto 2017–2018 Pekka Haavisto 2018–2019 Maria Ohisalo 2019–
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Partidos políticos de Finlandia