Casa Grande de Xanceda é unha empresa gandeira galega do sector do leite e derivados situada en Xanceda no concello de Mesía, e adicada á produción de leite para facer iogures, kefir e queixo ecolóxicos.

Historia A Casa Grande de Xanceda ten as súas orixes nos anos 60 cando Felipe e Victoria Fernández-Armesto trouxeron do Canadá 30 vacas de raza frisoa. O nome da granxa vén dunha casa do século XVIII na que actualmente están as oficinas.

Dende 2002 a granxa ten unha leira con 350 vacas que pastan nun terreo de 200 hectáreas. En 2007 comezou a produción de iogur baixo a denominación de produto ecolóxico.

Produtos Casa Grande de Xanceda produce máis de mil toneladas anuais de lácteos: leite, iogures, queixo e kefir.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web de Casa Grande de Xanceda

Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Mesía Xanceda Categoría:Empresas de produtos lácteos