Daniel Barredo Ibáñez, nado en Bilbao o 24 de xuño de 1981, é un escritor vasco en lingua castelá, coñecido como Daniel Barredo.
Traxectoria Viviu en cidades como Leeds, Londres ou Budapest, onde exerceu diversos empregos. Está licenciado en Filoloxía Hispánica e en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Granada. É doutor en Periodismo pola Universidade de MálagaBiografía do autor na páxina web da Universidade de Rosario . cunha tese sobre a caracterización informativa do rei Juan Carlos I de España na prensa dixital.
Obra Prosa En decembro de 2011 gañou o certame Andalucía Joven de Narrativa coa novela A viaxe a Budapest (El viaje a Budapest),Daniel Barredo gana el Certamen de Narrativa Desencaja con El viaje a Budapest > publicada pola editorial Berenice en marzo de 2012, dentro da colección Nova. É unha novela xeracional ambientada en Granada e Budapest, tratando temas como a sexualidade, a literatura, as expectativas vitais ou a situación económica e laboral.
En xaneiro de 2012 gañou o III Premio Plan Joven do concello de Granada coa novela La rebelión de las tortugas.
O seu último traballo é El tabú real. La imagen de una monarquía en crisisEl Tabú Real. La imagen de una monarquía en crisis, documento en Academia.edu ., publicado en 2013.
Poesía En 2003 publicou El fruto del deseo, e o seu segundo poemario foi Oda a la miseria, gañador do premio Federico García Lorca e publicado por Point de Lunettes en 2009.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor .
Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores do País Vasco