Baltasar Albéniz Martínez, nado en Éibar o 6 de xaneiro de 1905 e finado en Pamplona o 29 de novembro de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de centrocampista. Como futbolista xogou só en equipos vascos, participando do primeiro ascenso do Alavés á Primeira División da súa historia. Entre os seus éxitos como adestrador áchanse tres Copas do Xeneralísimo, dúas delas dirixindo ao Real Madrid e outra ao Athletic de Bilbao.
Traxectoria Como xogador Pese ás súas boas dotes como futbolista triunfou na súa faceta de adestrador. Comezou xogando na Unión Deportiva Eibarresa compartindo equipo cos futuros internacionais absolutos da selección española Ciriaco e Roberto Etxebarria.
Pouco despois fichou polo Deportivo Alavés, co que disputou as dúas primeiras tempadas da Segunda División (1928/29 e 1929/30), conseguindo na segunda delas o ascenso á Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 1930/31 contra a Real Sociedad en Atotxa, e marcou 8 goles ao longo da campaña. Ao ano seguinte fichou pola Real Sociedad, onde militiou un ano, para volver logo ao Alavés.
Durante a Segunda República, na tempada 1934-35 alternou a posición de centrocampista cas labores de técnico no Arenas de Getxo.
Como adestrador Comezou a adestrar en Primeira División no Celta de Vigo na tempada 1941-42, substituíndo ao canario Joaquín Cárdenes. Albéniz dirixiu ao Celta catro tempadas en dúas etapas. A primeira comezou moi ben, quedando os dous primeiros anos na 5ª posición, pero na tempada 1943-44 o equipo descendeu ao rematar último na clasificación.
De Vigo pasou a Barcelona para adestrar ao RCD Espanyol, onde fixo moi bo papel, o que o levou a fichar polo Real Madrid para substituír a Jacinto Quincoces na tempada 1946-47. Co equipo branco gañou a Copa do Xeneralísimo e a Copa Eva Duarte ese primeiro ano. Volveu ao club merengue outra vez en 1950 para suplir a Michael Keepin. Tamén foi secretario técnico do club durante outros cinco anos.
En 1955 fichou polo Osasuna, conseguindo o ascenso a Primeira e disputou unha tempada máis na máxima categoría. Ao cabo da mesma fichou polo Athletic de Bilbao co que gañou outra vez a Copa do Xeneralísimo.
Na tempada 1959-60 volveu para adestrar un último ano ao Celta debido aos problemas do club co permiso de adestrador do técnico Enrique Lúpiz, e conseguiu clasificar ao equipo para a fase de ascenso. Despois de despedirse do Celta de malas maneiras, xa que o club pretendeu cambiar de adestrador para a fase de ascenso, Albéniz adestrou á Real Sociedad, Osasuna, Tudelano, Atlético Tetuán e Indauchu.
Acabou a súa carreira futbolística asumindo a máxima responsabilidade na Federación de Fútbol de Navarra.
Equipos Como adestrador TempadaEquipoDivisión1934-35Arenas de Getxo1939Deportivo AlavésSegunda División1941-44Celta de VigoPrimeira División1944-46RCD EspanyolPrimeira División1946-47Real MadridPrimeira División1947-48Deportivo AlavésSegunda División1950-51Real MadridPrimeira División1955-57OsasunaSegunda División/Primeira División1957-58Athletic de BilbaoPrimeira División1958-59UD Las PalmasSegunda División1959-60Celta de VigoSegunda División1960-62UD Las PalmasPrimeira División1963OsasunaSegunda División1970-72OsasunaSegunda División1972-73OsasunaSegunda División
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en Éibar Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores da Real Sociedad Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do Arenas Club de Getxo Categoría:Adestradores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores do Celta de Vigo Categoría:Adestradores do RCD Espanyol Categoría:Adestradores do Real Madrid CF Categoría:Adestradores do CA Osasuna Categoría:Adestradores do Athletic Club Categoría:Adestradores da UD Las Palmas Categoría:Adestradores da Real Sociedad Categoría:Adestradores do CD Tudelano Categoría:Adestradores do Atlético Tetuán