Castro de Quintá ou Castro do Val é un poboado castrexo de chaira fortificado situado na parroquia do Val, no concello de Narón.

Descrición É un castro de forma case circular deformado polo desnivel do terreo. Só se conserva unha liña de defensa parcial. As súas medidas son duns 70 metros de N-S e 90 metros de L-O. O castro está afectado por vivendas na súa zona e as estradas que o arrodean en case todo o perímetro. Atopouse un machado de bronce que está depositado no Ateneo Ferrolán.

O castro está catalogado e protexido por Patrimonio.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Arco Ártabro

Ligazóns externas Castro do Val .

Quintá