Prada de Valdeón é unha localidade española do concello leonés de Posada de Valdeón (Castela e León). A súa poboación (INE 2021) é de 36 habitantes (25 homes e 11 mulleres). Dista menos de 1 km da capital municipal.

As casas, de arquitectura tradicional, atópanse moi concentradas sobres as rúas estreitas. A vila conserva 15 hórreos e un muíño que funcionaba con auga do río Arenal, o afluente máis importante do río Cares.

O contorno de bosque e pradeiras enmarcados polas moles calcarias dos Picos de Europa entre as que destaca a Torre del Friero (2.445 m.) permite efectuar paseos por bosques veciños ou ascensións aos cumes. Entre os sendeiros máis coñecidos que parten de Prada de Valdeón atópanse o do Mercadillo e o de Montó.

O 8 de setembro a vila celebra a festa da Nosa Señora de Corona.

Localidades limítrofes Confina coas seguintes localidades: Ao norte con Los Llanos de Valdeón. Ao nordés con Cordiñanes de Valdeón. Ao sueste con Santa Marina de Valdeón. Ao oeste con Soto de Valdeón. Ao noroeste con Posada de Valdeón, capital municipal.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello Datos da vila en picosdeeuropaleon.es Datos do padrón municipal

Categoría:Provincia de León