Renaud Séchan, nado en París o 11 de maio de 1952, é un cantante e actor francés, tamén coñecido como Renaud.

Fillo dun intelectual, os seus traballos iniciais caracterízanse polo seu innovador uso do francés, pola súa temática social e pola súa ideoloxía de esquerda. Nas súas cancións iniciais reflectía o descontento da maior parte da sociedade francesa coa pequena burguesía e as políticas de dereita.

Traxectoria As súas cancións céntranse na loita de clases, os abusos do poder político e o antimilitarismo. Posteriormente, en etapas máis avanzadas da súa carreira pasou a outros temas, como cancións dedicadas á súa muller e filla, ou experimentacións musicais con músicas rexionais ou en dialectos do francés.

Ten certo renome nos países francófonos, sen ter maior transcendencia en países de distinta lingua.

Discografía 1975: Amoureux de Paname (1975) 1977: Laisse béton (1977) 1979: Ma gonzesse (1979) 1980: Marche à l'ombre (1980) 1980: Bobino (1980, directo) 1981: Le retour de Gérard Lambert (1981) 1982: Un Olympia pour moi tout seul (1982, directo) 1983: Morgane de toi (1983) 1985: Mistral gagnant (1985) 1988: Putain de camion (1988) 1989: Visage pâle rencontrer public (1989, directo) 1991: Marchand de cailloux (1991) 1992: Renaud cante el' nord (1992; Música folk tradicional) 1994: A la belle de mai (1994) 1996: Paris-Province (1996, directo) 1996: Renaud chante Brassens (1996) 2002: Boucan d'enfer (2002) 2003: Tournée d'enfer (2003, directo) 2006: Rouge Sang (2006, disco dobre) 2009: Molly Malone- balade irlandaise (2009)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Actores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1952 Categoría:Músicos de Francia Categoría:Participantes nos Enfoirés