Gilberto Suárez Méndez, nado en Ribadeo o 31 de xullo de 1936 e finado na mesma vila o 11 de xuño de 2012, foi un xornalista, político e dinamizador cultural galego.

Traxectoria Durante moito tempo participou activamente e dirixiu diversas sociedades, como Amigos da Gaita, Sociedade Filantrópico-Dramática, La Concordia, Ribadeo FC, Amadores da Música, Asociación de Ex-alumnos Menesianos, Peña Madridista (da que tiña o carné nº 1) ou Cáritas.

250px|miniatura|Portada do libro adicado a Gilberto con motivo do Entroido 2013 en Ribadeo.

No eido literario, foi correspondente de El Progreso durante nove anos, pasando logo a escribir en A Mariña, o suplemento comarcal do xornal. No semanario local La Comarca del Eo mantivo durante máis dunha década unha presenza semanal, dando información, comentado deportes ou pedindo melloras.

Animou e encargouse das festas de Ribadeo e do Entroido ribadense dende as comisións correspondentes dúas ducias de veces, dende os anos oitenta ata o seu falecemento.

Participou asemade na política local, sendo concelleiro polo PSdeG-PSOE un mandato.

As súas actividades en pro de Ribadeo abrangueron os máis diversos campos, sendo representante da agrupación Follas Novas na súa xira arxentina (1985).

Foille adicado o libro do antroido 2013 en Ribadeo, no que aparece na portada nunha reprodución a carboncillo.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Personalidades da cultura de Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Concelleiros de Ribadeo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE