Ricardo Martín Esperanza, coñecido como Caíto, nado en Ourense o 29 de setembro de 1911 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1983, foi un político galego. Traxectoria Vencellado ao tradicionalismo, formou parte, xunto con Eduardo Valencia e Francisco Rodríguez, do triunvirato local de Falange Española de las JONS, constituído en Canedo en 1934. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi detido pola súa filiación falanxista. Foi desterrado a Asturias e despois a Verín.

Pasou a guerra civil española na zona republicana e ao rematar estivo un tempo nun campo de concentración e pasou despois á Coruña. Foi o primeiro Director Xeral da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1948-1974), alcalde de Ourense (1970-1974) e procurador nas Cortes Españolas.

En 1981 viuse implicado nun escándalo financeiro pola súa xestión en Caixa OurenseRetirada la acusación de la Caja de Ahorros de Orense contra su ex director general Ricardo Martín Esperanza. Logo de sucesivos aprazamentos pola doenza cardíaca que padecía, viuse a causa na Sala II do Tribunal Supremo. Condenado, foi indultado de parte da condena no mesmo xuízo e tampouco chegou a cumprir a pena de reclusión menor pola súa enfermidade. Logo de permanecer internado dous meses no verán de 1981, concedéronlle a liberdade condicional. Logo déronlle un indulto especial, sendo ministro de Xustiza Pío Cabanillas.

Finou en Madrid o 17 de outubro de 1983.La Voz de Galicia, 18-10-1983, p. 20.Necrolóxica en ABC, 22-10-1983, p. 80

Vida persoal

Casou con Vicenta Pérez López e foi pai de Ricardo, Victoria e Isabel Martín-Esperanza Pérez. Notas

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Ourense Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes