Enrique Alonso-Cuevillas Crespo, nado en Ourense o 23 de xaneiro de 1898 e finado na mesma cidade o 29 de setembro de 1976, foi un militar e político galego.

Traxectoria Ingresou na Academia de Infantería en 1913. En 1916 foi destinado como segundo tenente en Pontevedra e en 1917 pasou á guarnición de Ourense. Destinado a Marrocos de 1918 a 1921. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Ourense, fíxose co mando do cuartel de San Francisco e marchou cara Asturias. Xeneral de Brigada de Infantaría, foi Gobernador Militar de Lugo (1960). Foi alcalde de Ourense (1962-1963) e procurador nas Cortes Españolas.

Recoñecementos

Gran Cruz de San Hermengildo.

Gran Cruz do Mérito Militar.

Medalla de Marrocos.

Véxase tamén Bibliografía Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Alcaldes de Ourense

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1898

Categoría:Finados en 1976

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes